10 febrero 2015

Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “Traballaremos para garantir unha calidade de vida axeitada as persoas de Arteixo que viven nas parroquias como Morás, con actuacións para mellorar a seguridade peonil, a mobilidade comarcal, o respecto polo medioambiente, e dotando de novos servizos e de contido aos actuais centros sociais”


O candidato do PSdeG-PSOE á Alcadía de Arteixo, Martín Seco García, reuniuse coa Asociación de Veciños de San Estevo de Morás, na rolda de contactos que dende a nosa organización estamos a manter cos axentes sociais do noso concello.

Nunha frutífera reunión, o candidato socialista recolleu as reivindicacións dunha asociación moi preocupada polo desenrolo do noso concello e polo futuro dos seus núcleos, ante a mal planificada chegada de infraestruturas viarias, ferroviarias e industriais ao seu territorio. Para elo reclaman a posta en escena do novo Plan Xeral, tan necesario para defendernos de agresións externas e que o goberno se implique na esixencia de respectar a calidade de vida e o futuro dos seus veciños a outras administracións.

A chegada do AVE de viaxeiros e agora o que chegará ao Porto, as posibilidades de que se trate de facer a ampliación do aceso por estrada ao Porto polo seu territorio, a ampliación sen sentido do futuro Polígono de Morás, sen ningún tipo de demanda, fan necesario que o goberno local tome cartas no asunto, para poñerlle freo a aquelas actuacións que poden deteriorar máis a vida dos nosos veciños.


Cuestións como a conversión das pistas deportivas de Uxes en Polideportivo o a instalación dunha cuberta nestas, a apertura diaria e dotación de contido ao Centro Social de Uxes, a creación dun Centro de Día na Escola De Freán, comezada polo anterior goberno municipal, a creación das necesarias sendas peonís na parroquia para darlle servizo aos veciños, como o que están a sufrir os de Souto, ou a planificación dun verdadeiro Servizo de Transporte Comarcal son temas que dende o Partido Socialista queremos abordar.

Resulta inaceptable que Calvelo permaneza satisfeito e orgulloso coa consecución de dúas paradas do bus urbano de A Coruña nunha parte de Meicende, deixando ao resto dese núcleo, ao resto da parroquia de Pastoriza, Oseiro, Solymar, Suevos e Rañobre, Vilarodís, Santa Icía, Uxes,... e o Polígono de Sabón sen un servizo de calidade.


“Se o goberno de Negreira e Feijoo posibilitan dúas paradas do bus de A Coruña nunha zona de Meicende, deben tamén recuperar a parada do bus que existiu en Santa Icia e sentarse dunha vez por todas a elaborar un plan de transporte metropolitano que ofreza un bo servizo aos veciños dende A Cachada ata a Praza de Pontevedra, os socialistas comprometémonos a planificalo e desenrolalo con liñas de bus que deixen ben conectado o noso concello coa gran cidade”

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.