05 marzo 2015

Martín Seco propón a creación dunha cúpula no campo da festa para a celebración de actividades no inverno e grandes eventos


O voceiro socialista aposta por cubrir algúns dos parques infantís tendo en conta que os meses de choiva son moitos


O grupo municipal do PSOE de Arteixo mantivo unha reunión coa directiva do Centro Comercial Aberto de cara a tratar os temas de interese para o colectivo de comerciantes. Neste encontro, falouse da necesidade de rematar o entramado urbanístico do núcleo de Arteixo para comunicar as zonas comerciais do centro coa zona da Travesía, próxima a Candame. Para isto, os socialistas insisten na necesidade de sacar adiante o paralizado Plan Xeral, do mesmo xeito que adaptar as beirarrúas, e mellorar a iluminación e o resto de servizos básico para facilitar o paseo e as compras dos veciños.
O candidato á Alcaldía, Martín Seco, propón diversas melloras na dinamización comercial de Arteixo, como a creación dunha cuberta no campo da festa, onde poder celebrar concertos, feiras, instalacións de animación para os nenos, festas de maiores, de fin de ano ou carnaval, entre outras propostas.
Ademais, de cara a mellorar a vida dos arteixáns, Martín Seco, aposta por cubrir os parques infantís para que os nenos poidan disfrutalos máis días, tendo en conta que os meses de choiva son moitos.


O voceiro socialista demanda ao Concello de Arteixo que se implique na celebración das festas do mes de xullo, tomando a dirección da comisión organizadora, programando as actividades por todas as prazas do casco do municipio, e propón que a festa se leve un día polas parroquias a conta do Concello
As apostas dos socialistas pasan tamén por cubrir a necesidade de desenvolver unha política real de turismo, aproveitando as capacidades que ten o concello como as praias, paraxes naturais, patrimonio románico e mesmo a industria, para dinamizar o comercio e a hostalería do concello. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.