31 marzo 2015

O PSOE aposta por un desarrollo sostible en Armentón e comprométese a completar unha rede de sendas peonís

O candidato Martín Seco destaca a importancia de continuar
co plan de mobilidade na parroquia e no conxunto do concello

O PSOE continúa as súas visitas aos distintos colectivos sociais e veciñais do concello co fin de escoitar as súas demandas e inquietudes. Neste caso, membros do grupo municipal e da candidatura socialista mantiveron un encontro cos veciños da parroquia de Armentón.
Na devandita reunión, o portavoz do PSOE arteixán, Martín Seco, adquiriu cos veciños o compromiso de continuar co plan de mobilidade que se propuxo para todo o concello e insistiu de novo na súa idea de crear un sistema de transporte interparroquial que posibilite un fácil acceso de todos os cidadáns ao centro urbano e, con el, aos distintos servizos.
Así mesmo, o candidato á alcaldía compartiu cos veciños de Armentón a necesidade de completar a rede de sendas peonís pola parroquia, o que sen dúbida redundará na posta en valor dunha zona cunha importante riqueza natural.
Neste sentido, Martín Seco sinalou a importancia de respectar a contorna cun desenvolvemento sostible do mesmo, dando servizos á vez que se coida o medio ambiente e a estrutura da zona.
Así, os socialistas expresaron o seu compromiso de levar a cabo un control de calidade ambiental e das agresións da insdustria, cunha serie de medidas como a implantación dun sistema de reutilización destes residuos.
Por último, subliñaron a necesidade de crear unha rede de centros de día de atención aos maiores do municipio, implantando pouco a pouco este servizo en diferentes zonas do concello.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.