04 abril 2015

O PSOE comprométese a desenvolver un plan de accesibilidade para solucionar os problemas de mobilidade no concello

Martín Seco lamenta o completo abandono do barrio do Alto de Arteixo
durante os catro anos de mandato do PP

O PSOE lamenta o estado no que se atopa o barrio do Alto de Arteixo unha vez transcorridos o catro anos de mandato do goberno local do PP, que abandonou por completo aos seus veciños deixando sen atender numerosas demandas.

Neste sentido, os socialistas denunciaron o feito de que non se fixeron investimentos para dotar á zona de determinados servizos e, en concreto, para mellorar a calidade de vida con actuacións como un plan de accesibilidade.

O candidato do PSOE á alcaldía, Martín Seco, comprometeuse durante unha reunión cos veciños a desenvolver ese plan non só nesta zona, senónen todo oo concello, co fin de solucionar os problemas de mobilidade que supón a existencia dunha gran cantidade de barreiras arquitectónicas.

Así mesmo, os socialistas escoitaron as peticións dos residentes no Alto de Arteixo, que reclaman a construción de novas beirarrúas na avenida de Finisterre o na nova praza das Viñas, onde non están siquera preparadas, ademais da instalación de pasos de peóns para os usuarios de transporte urbano e escolar, que actualmente se enfrontan a un grave risco cada vez que queren cruzar.

A inacción do goberno do señor Calvelo neste barrio demóstrase sen ir máis lonxe co último modificado de crédito, no que queda patente unha falta de compromiso coa zona. O peor de todo é que, cara ás eleccións, queren arranxar todo o que foron incapaces de facer durante o catro anos de mandato do PP, prometendo campos multideporte e parques infantís, algo que podería estar xa listo a estas alturas.

Martín Seco tamén se comprometeu a cambiar a estrutura do centro social, que hoxe en día presenta problemas para o desenvolvemento de actividades complementarias ao tratarse dun único espazo diáfano.

O PSOE, durante a reunión, constatou igualmente a preocupación veciñal pola falta de transparencia e de participación cidadá durante o mandato do PP, que nin sequera promoveu a convocatoria de consellos veciñais, ou a inquietude dos residentes polo pouco control ambiental da industria e do porto exterior nas súas descargas en Langosteira.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.