07 mayo 2015

Martín Seco reducirá a presión fiscal aos cidadáns para combatir os casos de exclusión social

O candidato socialista lamenta que en catro anos o PP non fora
capaz de facelo cun remanente de 19 millóns de euros


O compromiso do PSOE polo benestar dos cidadáns pasa polo desenvolvemento de políticas sociais, entre as que se atopa reducir a carga impositiva para evitar que as familias que tan mal o están a pasar véxanse en risco de exclusión.

Deste xeito, e dentro dos 15 compromisos que o candidato á alcaldía Martín Seco asinou onte ante notario, atópase o de levar a cabo unha redución da presión fiscal, que beneficie por tanto ao elevado número de parados e de xente con nóminas reducidas que hai no concello e que sofren moito para manter ás súas familias.

Os socialistas lamentan que o PP, cun remanente de 19 millóns de euros e unha maioría absoluta, non fose capaz de baixar esa carga dos impostos aos veciños de Arteixo, o que demostra novamente esa falta de sensibilidade cos problemas da maioría.

Por iso, Martín Seco adecuará os impostos e as taxas municipais aos ingresos dos cidadáns, e apuntou que é imprescindible habilitar novas bonificacións e fórmulas para darlle a posibilidade aos arteixáns de fraccionar os pagos destas obrigacións fiscais.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.