29 julio 2015

¿Qué pasa coa Feira de Antigüedades de Arteixo?


Durante estes días grandes das festas tivo lugar a celebración dunha Feira de Antiguedades, coleccionismo e vintage na Praza do Balneario do Concello de Arteixo, feira anunciada en rolda de prensa polo Alcalde Carlos Calvelo cos promotores do evento, propietario da tenda "El Trastero" sita na Avd Fisterra do noso concello.

Ante as preguntas do Grupo Municipal Socialista na Comisión de Asuntos do Pleno de esta semana. o alcalde admitiu que o concello pagara a carpa onde se celebrou dito evento, un pago de dubidosa legalidade, posto que se trataba dun evento organizado por unha empresa privada con ánimo de lucro, cunha propietaria cun amplo expediente de colaboración co PP de Arteixo.

Ademais desta colaboración, descoñecemos que os promotores pagaran as taxas de ocupación pública para esta feira e a de Febreiro e descoñecemos en que máis colaboraron o Concello de Arteixo e a Deputación de A Coruña con esta celebración.


Ademais semella raro que un ente privado tivese a posibilidade de ocupar unha das prazas máis importantes do concello de Arteixo para este fin lucrativo, cando a Comisión de Festas tiña pensado facer algún evento público nesta localización, algo demandado polo comercio e a hostelería da zona.


PREGUNTAS



Durante os días 25,26 e 27 de Xullo celebrouse en Arteixo unha Feira de Antigüidades, coleccionismo e “vintage” nunha carpa situada na Praza do Balneario, esta feira anunciouse e promocionouse dende o Concello de Arteixo, celebrando incluso unha rolda de prensa entre os organizadores e o propio alcalde de Arteixo  ou nos carteis e flyers anunciando o evento co anagrama do Concello e da Deputación de A Coruña.

Nos medios de comunicación fálase que esta feira promoveuse por unha entidade privada, a tenda “El trastero” situada na Avenida de Fisterra propiedade de Eduardo Lorenzo e Mónica Maceiras.

Dende o Grupo Municipal pedimos acceso ao expediente de solicitude da ocupación do terreo público na Praza do Balneario por parte dos promotores do evento e o xustificante de pago da ocupación deste ben público.
Despois de escoitarlle ao señor Alcalde na Comisión de Asuntos do Pleno do luns 27 de Xullo de 2015, ante a pregunta do Voceiro do Grupo Municipal Socialista, que o Concello pagara o aluguer a carpa onde se celebrou dito evento, dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlle ao Alcalde do Concello de Arteixo:

¿Canto pagaron os promotores do evento pola ocupación da Praza do Balneario durante os días grandes das festas patronais de Arteixo?,

¿Baixo que motivo o Concello de Arteixo cede os seus bens públicos máis emblemáticos durante as celebracións das festas patronais a unha tenda privada para actividades lucrativas particulares?

¿Colaborou o Concello nesta celebración?, ¿En que colaborou?

¿Pagou o Concello o aluguer da Carpa deste evento?, ¿Cal foi o custe?, ¿Quen pagou os flyers e os carteis anunciando o evento?, ¿En que colaborou a Deputación de A Coruña?


¿Canto cobraban os promotores de evento aos stands participantes?, ¿Coñece o concello de Arteixo en que condición solicitaban os promotores a colaboración económica dos comerciantes e hostaleiros de Arteixo?


SOLICITUDE VER EXPEDIENTES E DOCUMENTACIÓN:


Durante os días 25,26 e 27 de Xullo de 2015, días grandes da celebración das festas de Santiago de Arteixo, celebrouse en Arteixo a II Feira de Antigüidades, coleccionismo e “vintage” nunha carpa situada na Praza do Balneario, esta feira anunciouse e promocionouse dende o Concello de Arteixo, celebrando incluso unha rolda de prensa entre os organizadores do evento e o propio alcalde de Arteixo (ver ANEXO 1) ou nos carteis e flyers anunciando o evento co anagrama do Concello e da Deputación de A Coruña (ver ANEXO 2). Neste mesmo ano, no mes de Febreiro de 2015 celebrouse a I Feira de Antigüedades, coleccionismo e “vintage” cos mesmos promotorese no mesmo lugar (ANEXO 3).  

Nos medios de comunicación fálase que esta feira promoveuse pola tenda “El Trastero” situada na Avenida de Fisterra, propiedade de Eduardo Lorenzo e Mónica Maceiras.

Dende o Grupo Municipal desexamos ter acceso ao expediente de solicitude da ocupación do terreo público na Praza do Balneario por parte dos promotores do evento, neste mes de Xullo de 2015 e o do mes de Febreiro de 2015 e o xustificante de pago das taxas de ocupación deste ben público durante ambas feiras.

Así como preguntarlle ao Grupo de Goberno do PP que tipo de colaboración tivo o Concello de Arteixo na organización destes eventos, xa que o alcalde afirmou na Comisión de Asuntos do Pleno do 27 de Xullo de 2015 que o Concello de Arteixo pagara a carpa onde se celebrou dita II feira. Ademais de saber se os promotores cobraron pola instalación dos stands da feira e baixo que condición solicitaron a colaboración económica dos comerciantes e hostaleiros do noso concello e se existía unha solicitude por parte da Comisión de Festas de Santiago de Arteixo para utilizar esta Praza para eventos propios da festa do noso concello durante esas fechas.

ANEXO I


ANEXO 2



ANEXO 3



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.