11 septiembre 2015

“O goberno local do Señor Calvelo debe aproveitar a visita mañá de Ana Pastor, para esixirlle que durante a obra de enlace do vial do Porto Exterior coa AG-55 eliminen o peaxe do tramo entre A Coruña e Arteixo”


Na xornada de mañá a Ministra de Fomento acudirá ao noso concello a visitar as obras do enlace de acceso ao Porto de Punta Langosteira e o noso alcalde en vez de acompañala a sacar a foto, debería de esixirlle a inmediata eliminación da peaxe da AG-55 no seu paso por Pastoriza, moito máis tendo en conta as obras que se están a realizar que impiden que o vial teña as condicións de autopista de pago.

 Tamén pode aproveitar para deixarlle claro as necesidades que ten o noso concello de inversión por parte dun Ministerio que debería de recibir máis apoio ante as incomodidades que causan as infraestruturas que se instalan no noso territorio e que non se compensan por parte das nosas administracións, como as infraestruturas para conseguir que as descargas que se realizan no porto sexan en respecto co noso medioambiente ou as medidas correctoras esixidas polo noso grupo nas enmendas aos presupostos xerais do estado, como a inversión necesaria para facer as obras do acceso ferroviario a Langosteira sen dañar o noso territorio, a colocación das barreiras acústicas no percorrido do AVE, o estudio de medidas para evitar os transtornos que causan os avións que aterran en Alvedro, o dique do Porto de Suevos, a financiación do vial de unión co enlace de Meicende e outras inversións máis para o noso concello.

Está ben que a Ministra veña a Arteixo ás laconadas e festas que lle organizan dende o PP de Arteixo, pero o noso concello carece dun bo interlocutor ante as administracións autonómica e estatal para reclamar as nosas necesidades.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.