No día de onte, os veciños do Quinto Pino informaron aos representantes do Partido Socialista que os responsables da obra de enlace co acceso ao Porto de Langosteira estaban pintando o vial que comunica este barrio con A Coruña e Arteixo e neste pintado non aparecían as paradas de bus que utilizan para desprazarse e incluso non sabían onde se ía a situar a parada en dirección cara A Coruña, tendo máis facilidade para situala cara Arteixo.
Dende o Grupo Municipal Socialista preguntarémoslle no pleno por este tema ao Grupo de Goberno do PP e esixiremos que este barrio siga mantendo ditas paradas de fácil e seguro acceso para tódolos veciños dun barrio xa suficientemente degradado polas infraestruturas.
Ademais cremos necesaria a posta en marcha dun plan de inversión neste barrio para compensalo pola continua degradación que está a sufrir e que debería de ser agora beneficiado en infraestrutura e servizos.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.