27 octubre 2015

Moción de Urxencia que presenta o Grupo Municipal Socialista de Arteixo sobre a Vacina da Meninxite B


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A principios deste ano 2015, despois de ter asistido ás mortes de dous veciños do noso concello pola Meninxite B, o pobo mobilizouse para pedirlle aos mandatarios do PP no goberno central, autonómico e local solucións ante esta epidemia, esixíndolles a autorización da venta das vacinas contra esta enfermidade nas farmacias do noso país e a inclusión da vacina contra a Meninxite B no calendario vacunal. 

Para darlle continuidade a estas mobilizacións creouse a Plataforma “Ciudadanos por la salud. Vacuna YA”, que non deixou de mobilizarse durante todo este tempo ata conseguir a venta da vacina BEXSERO nas farmacias e agora sigue loitando para conseguir que o goberno central, inclúa esta vacina no calendario oficial e o goberno galego poña en marcha un plan piloto para fornecer esta vacina gratuitamente aos nosos nenos.

Durante as mobilizacións celebradas antes das eleccións municipais, o noso alcalde Carlos Calvelo, comprometeuse diante de máis de 300 persoas presentes no centro cívico de Arteixo, a que o concello non deixaría a ningún neno sen vacina, articulando as medidas oportunas para poder axudar a aquelas familias que lles supón un sacrificio económico insoportable a adquisición deste vacina que nunha familia de tres fillos pode supoñer máis de 900 euros de inversión.

Nas derradeiras datas o Ministerio de Sanidade permitiu a venta en farmacias, pero o goberno de Núñez Feijoo segue mirando para outro lado, sen articular unha experiencia piloto como fixera no caso do PREVENAR, algo que posibilitaría a vacinación inmediata e gratuíta de tódolos nosos rapaces e o noso alcalde Calvelo segue dando largas aos veciños de Arteixo, incumprindo a palabra dada ante tantos veciños.

Nesta semana a enfermidade volta a aparecer e por desgraza cun novo finado no concello de Boiro, dende o Grupo Municipal Socialista non estamos dispostos a esperar nin un minuto máis vendo como morre xente ao noso arredor.

Diante desta situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes, ACORDOS:


  • O Concello de Arteixo volverá a esixir do Goberno do Estado a inclusión da vacina contra a Meninxite B no calendario vacunal.
  • O Concello de Arteixo esixirá á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a posta en marcha dunha experiencia piloto con esta vacina, como fixera co PREVENAR, presentando alegacións aos presupostos da Xunta de Galicia 2016 para incluír unha partida para tal fin.
  •  Concello de Arteixo, poñerá en marcha unha liña de subvencións para a compra da vacina contra a Meninxite B entre as familias de Arteixo, dotando unha partida no presuposto 2016 para tal fin.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.