27 enero 2016

“O Concello de Arteixo necesita ter mellor dirección política e persoal formado en materia de financiamento europeo para non deixar pasar as grandes oportunidades que ofrecen as institucións europeas”



O voceiro socialista de Arteixo, Martín Seco, participou este principio de semana nunha viaxe organizada pola oficina do parlamentario europeo José Blanco López a Bruselas para coñecer de primeira man as institucións europeas e as liñas de financiamento europeas dispoñibles para impulsar o desenrolo local, nesta visita o voceiro socialista recibiu información sobre a política de cohesión a cargo de persoal da Comisión Europea, así como sobre o Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil de Emprego. Igualmente, recibiu información sobre as vías de financiamento europeo dispoñibles para proxectos locais na Fundación Galicia Europa e mantivo diversas reunións no Comité das Rexións e con diferentes parlamentarios europeos como Juan Fernando López Aguilar, Ramón Jaúregui e Jonás Fernández.
O voceiro socialista lamenta que o concello de Arteixo deixase perder a oportunidade de participar na primeira convocatoria da liña de subvencións do Plan EIDUS que repartirá o 70% dos 1.000 millóns presupostados para este fin e que poderían aportar ata un máximo de 5 millóns para proxectos nun concello como o noso e apremia ao grupo de goberno local a que non deixe de participar na segunda convocatoria que sacará o 30% restante, para o cal debe redactar unha estratexia de Arteixo como Concello no período que vai ata o 2020 e na cal veñan incluídos os proxectos a realizar e financiar.
Ademais existen máis liñas de financiamento na UE, con programas sobre aforro enerxético, xestión medioambiental, emprego e inclusión social que o concello de Arteixo debera de estar explorando, para o cal dende o noso grupo solicitamos que o grupo de goberno forme en materia de financiamento comunitario ao persoal do concello, xa que existen cursos que organiza a propia Fundación Galicia Europa dependente da Xunta de Galicia e debería de pensar en contar cun responsable de esta materia para un funcionamento mellor dun departamento como é Promoción Económica e Emprego que carece de dirección política e necesita dalgún técnico que impulse políticas atractivas para un concello como o noso de amplas posibilidades.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.