31 marzo 2016

MOCIÓN DE URXENCIA SOLICITÁNDOLLE AO GOBERNO LOCAL MAIOR IMPLICACIÓN COA AXUDA AOS REFUXIADOS



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Grupo Municipal Socialista síntese defraudado polo Goberno Local do PP, ante a inactividade da nosa administración, ante a posición que están a soster cos refuxiados sirios, as institucións europeas e en particular en España, cun espectáculo lamentable que desbota o espírito que fixo posible a creación da Unión Europea e a falla de sensibilidade, por parte do goberno de España, que aceptou a 18 dos 16.000 refuxiados aos que nos comprometéramos a acoller. 

O Grupo Municipal Socialista presentou un ROGO en Setembro de 2015 que pedía literalmente que Arteixo “formase parte da rede de vilas e cidades refuxio; e que cedera temporalmente, e dentro das súas posibilidades, instalacións municipais co obxectivo de acoller a parte dos millares de refuxiados que tratan de obter asilo”, o Goberno do PP no Concello de Arteixo, non quixo aceptalo e simplemente se puxo a disposición do goberno de España para colaborar naquelo que fóramos necesarios, posteriormente aprobamos por unanimidade, unha MOCIÓN presentada por Amnistía Internacional sobre este tema, que solicitaba pedirlle ao goberno do estado dar unha resposta acorde ao problema dos cidadáns que escapan da súa terra, pero dende as institucións europeas mírase para outro lado e o goberno de España tampouco fai os seus deberes, ademais somos descoñecedores dalgunha actuación do Concello de Arteixo neste tema, excepto as estupendas iniciativas que levan a cabo os empregados municipais do Concello de Arteixo ou algunha entidade sen ánimo de lucro que recolle material para eles.   

Por todo o anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte, ACORDOS:

1.- O Concello de Arteixo se sume ao Manifesto "Pasaxe Segura" subscrito por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa e, neste sentido, insta á UE e os seus Estados membros a que ordenen a creación de corredores humanitarios, e que posibiliten, desde o respecto, o asilo destas persoas  entre os 28  Estados membros da Unión Europea.

2.- O Concello de Arteixo se implique activamente no desenrolo de iniciativas de apoio aos cidadáns que teñen que abandonar o seu fogar e o seu país, amedrentados pola violencia existente.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.