16 abril 2016

A Xunta de Galicia segue castigando a Arteixo deixando sen profesores de substitución ás nosas escolas unitarias

O Grupo Municipal Socialista observa con preocupación a falla de atención do goberno de Feijóo co concello de Arteixo, xa que lonxe de levar a cabo as infraestruturas necesarias para o noso desenrolo, as inversións en emprego, sanidade e educación que necesitamos; ten esquecido ao noso territorio e os nosos veciños, sendo o núcleo económico máis importante do norte de Galicia e un dos núcleos poboacionais máis puxantes. 

Esta semana puidemos ver un capítulo máis deste abandono coa falla de cobertura da mestra da Escola Unitaria de Larín, que foi temporalmente cuberta pola mestra de inglés os primeiros días da semana e posteriormente e ante a imposibilidade de seguir facendo dita cobertura, a Xunta de Galicia anunciou o peche de dita escola para o xoves e venres. Finalmente conseguiuse que abrise o venres, pola presión dos pais e pola boa disposición da mestra de relixión. 

Dende o Partido Socialista en Arteixo preguntámonos como é posible que os nosos rapaces das escolas unitarias se atopen ante a posibilidade de ter a escola pechada se os mestres teñen algún problema que lles impide acudir ao seu posto de traballo. ¿Cómo é posible que a Xunta de Galicia non teña ningún sistema establecido para cubrir as baixas que non son de longa duración e que poden deixar aos nenos e aos seus pais sen a escola, co que isto conleva a nivel educativo e de conciliación familiar? 

Dende o Partido Socialista en Arteixo puxémonos en contacto co noso Grupo Parlamentario do Parlamento de Galicia e preguntaremos ao Conselleiro de Educación por esta cuestión, e cales son as fórmulas que pensa utilizar para que isto non se repita.

Martín Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo

2 comentarios :

  1. Unha puntualización: a persoa que directamente da a orde de pechar (en representación da Xunta), é a inspectora, que ata onde eu sei, é simpatizante (non sei se tamén militante), do partido socialista. Está moi ben que vostedes protesten, pero no utilicen os problemas d@s nos@s fill@s coma arma arroxadiza para obter réditos políticos, porque teñen tod@s moito lixo que tapar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A inspectora é unha representante da Consellería e obedece ordenes dun mando político.

      A súa ideoloxía personal non a coñecemos nin a valoramos, porque nós non perseguimos funcionarios.

      É curioso que en vez de preocuparse dos problemas causados aos nosos fill@s polos recortes do PP se preocupen pola denuncia do que sucede.

      Incluso é sospeitoso...

      Eliminar

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.