24 mayo 2016

Rogo ao pleno municipal acerca do aumento de exclusión social e delincuencia

O Grupo Municipal Socialista ao abeiro do Regulamento Orgánico de Arteixo presenta ao Pleno da Corporación Municipal o seguinte ROGO:

A crise económica afecta directamente aos cidadáns de a pé de moitos xeitos: ademais dos problemas derivados da falla de emprego e de cobertura social, aparecen os derivados do aumento de exclusión social e a delincuencia.

Nas derradeiras datas este aumento de delincuencia é preocupante, e o peor é que a situación de desamparo na cidadanía aumenta exponencialmente. A inseguridade manifesta dalgunhas zonas de Meicende, Pastoriza e Oseiro, os roubos en zonas residenciais e da zona rural, ademais dos continuos episodios no núcleo de Arteixo, con ameazas, episodios de violencia e roubos en vivendas e comercios resultan insoportables.

Mentres isto sucede o número de efectivos nos corpos de seguridade do estado non deixa de baixar, por mor dos recortes establecidos polo goberno do estado de Mariano Rajoy, moi significativos. Este feito presenta unha extrema gravidade ao ser estes funcionarios os encargados de salvagardar a integridade da cidadanía e as súas propiedades. E se a estes recortes engadímoslles a deficiente presenza da policía local, que patrulla os nosos núcleos e parroquias para dar seguridade aos nosos veciños e comerciantes, e ademais actuar como medida disuasoria para os delincuentes que actúan no noso territorio, todo se complica; e o que resulta insoportable para a poboación é observar como esta escasa presenza policial ven acompañada dunha mala utilización destes efectivos para a regulación do tráfico e os controis viais do noso concello.

Dende o Grupo Municipal Socialista sabemos que non existen variñas máxicas para evitar os atracos e os episodios de violencia, pero sabemos que dende a administración local debemos poñer toda a carne no asador para que os nosos cidadáns sintan o apoio dos seus mandatarios e dos seus corpos de seguridade, polo que ROGAMOS ao goberno local que utilice tódolos medios ao seu alcance para crear unha verdadeira policía de barrio, que aumente a presenza dos nosos efectivos nas rúa, que se poña en marcha unha comisaría na zona norte do concello, para aumentar a capacidade de intervención en dita zona, que se deixen de utilizar os nosos efectivos nas tarefas de control vial e se esixa ao goberno do estado por vía da Delegación do Goberno, que se aumenten os efectivos na nosa zona. 
En Arteixo, a 24 de maio de 2016

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.