09 septiembre 2016

“O PP saca peito de que a Consellería de Educación fose incapaz de facer unha pequena inversión para instalar as cociñas nos CEIP de Arteixo e trocar a cuberta do pabillón de Ponte dos Brozos e fosen os impostos locais dos veciños os que o fixesen ”


O PP saca hoxe peito pola finalización das obras de renovación da cociña do CEIP Ponte dos Brozos e a instalación da do CEIP Arteixo, ademais da renovación da cuberta do pabillón do Ponte dos Brozos.

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos moi contentos de que os dous colexios poidan contar con cociña propia y que o pabillón de Ponte dos Brozos deixe de contar coas goteiras que facían imposible o seu uso normal, o curioso é ter que ver como se pode intentar sacar tallada electoral de que as obras que debería ter realizado a Consellería de Educación, as financie o Concello de Arteixo cos impostos locais dos nosos veciños e que a Xunta de Galicia sexa incapaz de levar a cabo unha pequena inversión no noso concello, que conta con tantas deficiencias en materias como Educación, Sanidade, Servizos Sociais, Emprego e Infraestruturas.

Se a Xunta de Galicia de Feijoo non é capaz de gastar uns miles de euros en renovar estas instalacións, como se poden permitir pensar en construír u novo CEIP ou IES, renovar o Centro de Saúde, facer a circunvalación de Arteixo, liberar a peaxe da AG-55 ou finalizar o Polígono de Morás.
Por outra parte, o PP de Arteixo ten moi pouca vergoña por seguir pasándose polo arco do trunfo as leis do estado, con anuncios prohibidos en campaña electoral, acusando continuamente logo á oposición de facer electoralismo coas súas propostas.         

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.