07 septiembre 2016

O PSdeG-PSOE de Arteixo forma o seu Comité de Campaña que será coordinado por Simón López, nunha campaña onde o cambio político resulta inaprazable para o noso concello


A Executiva Local de Arteixo conformou o Comité Electoral que dirixirá a campaña nestas eleccións autonómicas do 25 de Setembro, neste Comité Electoral que estará integrado polos membros da Executiva Local e Grupo Municipal, terá un lugar destacado Simón López, que será o coordinador de campaña a nivel local. 

Este xoven emprendedor e estudante universitario levará as riendas dunha campaña onde o PSdeG-PSOE quere poñer de manifesto a falla de políticas da Xunta de Galicia nun territorio como o arteixán, que careceu do compromiso político e do apoio necesario para poder ter unha política de infraestruturas que dote a Arteixo das necesidades en material vial e no transporte metropolitano, a falla de políticas de impulso económico e industrial para o noso concello onde temos a taxa de paro máis elevada da comarca, o polígono industrial máis grande de Galicia sen rematar e outro cunha falla absoluta de futuro industrial, salvado pola presenza de INDITEX un Porto Exterior carente de actividade, despois da anterior campaña electoral de Feijoo na que prometeu a chegada de empresas chinas e mexicanas, unha política de abandono dos servizos sanitarios, con infraestruturas obsoletas, cun sistema de atención primaria saturado, sen especialidades como fisioterapia, case sen pediatras e sin radiodiagnóstico, con persoal insuficiente no PAC de Urxencias, cunha falla evidente de centros educativos en primaria e secundaria, cuns colexios e institutos colapsados e unha falla absoluta de programación dunha formación profesional axeitada ao noso entorno económico, a falla absoluta de políticas medioambientais que nos protexan da industria e infraestrutura, …

Oito anos perdidos dun suposto goberno amigo, que tapou as súas carencias tirando da inversión municipal e dos impostos de tódolos arteixáns e as súas empresas, para que non se visualizara que a Xunta de Galicia de Feijoo, era incapaz de levar a cabo as súas tarefas en materias como educación, sanidade, servizos sociais, emprego e infraestruturas. Por outras banda un novo proxecto chega a Galicia da man de Xoaquín Fernández Leiceaga, un home preparado e con capacidade de xestión, que quere poñer en xogo os seus coñecementos en materia económica para facer despegar a Galicia e os seus sectores produtivos e utilizalos para darlle uns servizos públicos de calidade a tódolos galegos/as.


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.