07 octubre 2016

O goberno do Partido Popular en Arteixo segue inmóbil, despois da perda de posibles fondos europeos millonarios, no desenrolo do programa europeo de estratexias integradas de desenrolo urban sostible "EDUSI"






O Grupo Municipal Socialista preguntou no pleno de Xaneiro deste ano 2016, é dicir, fai 9 meses, pola incapacidade do goberno local do PP, para facer un proxecto co que participar na primeira convocatoria do programa europeo de ESTRATEGIAS INTEGRADAS DE DESARROLLO URBANO SOSTENIBLE (EDUSI), no que podía obter ata 5 millóns de euros de axuda.


Naquel momento, o goberno municipal do PP, recoñeceu a súa incapacidade de ter un proxecto para presentar en primeira convocatoria, onde se repartían o 70% dos fondos presupostados e prometeu poñerse a traballar para poder participar na segunda convocatoria, na que só se repartirán o 30% destes fondos e polo tanto será máis complicado acceder a eles, pero a día de hoxe, as promesas de convocar á oposición e ás entidades veciñais, para desenrolar a estratexia necesaria coa que acceder aos fondos, caeu en saco roto e dende o noso grupo non coñecemos, que  se levase a cabo ningunha actuación neste senso, dende o goberno de Carlos Calvelo.

Mentres isto sucede en Arteixo, concellos como Lalín, Ponteareas, Vilagarcía ou Culleredo recibían estes días a noticia da concesión de subvencións millonarias para levar a cabo importantes actuacións ata 2020, proxectos que serían de vital importancia para un municipio como o noso, carente de tantas infraestruturas e servizos para a nosa veciñanza.

Resulta preocupante observar á inactividade do goberno local de Arteixo, incapaz de desenrolar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que a empresa contratada tiña entregado para informe e posterior aprobación inicial no ano 2011 e que tras 5 anos, segue paralizado e do que nin tan sequera foron capaces de resolver a súa situación contractual e observar novamente a incapacidade de poñer en marcha, un plan para acceder a esta liña de axudas europeas, nun concello como o noso, onde se poderían redactar multitude de actuacións baixo este tipo de paraugas europeo, algo que semella que ao noso goberno non lle preocupa, máis ocupado en outro tipo de cuestións, ligadas a desenrolos urbanísticos que lucren a uns poucos promotores inmobiliarios que a atender as necesidades da veciñanza en xeral, contando  con 7 dedicacións exclusivas e 4 persoas en cargos de confianza, que carecen da capacidade de xestión necesaria para levar a cabo a dirección dun proxecto atractivo polo que participar nunha liña de axudas, que poden de financiar actuacións determinadas incluídas nunha estratexia integrada no entorno do noso concello.

O Grupo Municipal Socialista, volverá a preguntar no Pleno Ordinario de Outubro, pola incapacidade do goberno do noso concello para construír esta estratexia integrada e concursar neste programa europeo, tirando ao lixo ata 5 millóns de euros, tan importantes para o noso concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.