06 julio 2017

O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle ao goberno local que esixa da empresa contratada para as obras de renovación da traída de auga en Meicende que adecente o pavimento nos lugares polos que vai actuando

Son moitos os veciños e comerciantes da Travesía de Meicende que están molestos por ter as beirarrúas e viais levantadas durante moito tempo, despois de que se abriran as gabias para realizar as obras de renovación dos colectores da traída de auga.

Dende o Grupo Municipal Socialista entendemos que as obras causan molestias e que esta obra era moi necesaria para a parroquia de Meicende, pero non pode ser que se teñan sen rematar tramos longos desta obra despois de instaladas as tuberías, deixando os lugares onde se fixeron as gabias cheas de terra, enchendo de porqueria os locais de hostelaría, comercio e vivendas. O goberno do concello debera de esixirlle a empresa contratista que fose pechando e renovando o pavimento alí por onde vai rematando e non perpetuar esta situación de insalubridade que viven veciños e comerciantes.

Esperemos que o Goberno Local de Arteixo tome nota e actúe con premura para evitar máis molestias e incomodidades dos veciños

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.