O PSdeG-PSOE de Arteixo acusa ao alcalde e aos concelleiros do PP de
contraprogramar a Folga Feminista e non participar na concentración do 8 de
Marzo
Vimos de observar como unha vez máis o grupo de
goberno do PP, coa súa abstención, deixa que se aprobe unha moción no Pleno do
Concello que pide o apoio explícito á folga feminista do 8 de Marzo, para
posteriormente contraprogramar os actos reivindicativos dos colectivos
feministas e nin tan sequera participar na concentración que se celebrou diante
do Concello onte ás 12:00.
“Na loita contra a brecha salarial ou a violencia
de xénero non existen atallos, ou se está o non se está, non se pode ser
feminista para poñer un día un lazo e ao día seguinte non facer nada pola
igualdade entre homes e mulleres” declarou o voceiro do PSdeG-PSOE, Martín
Seco, que botou en falla a sensibilidade do goberno municipal e en especial do
alcalde nesta celebración do 8 de Marzo.
“Dende
o Grupo Municipal Socialista Goberno, estaremos vixiantes para o cumprimento
dos acordos da moción do pleno pasado onde se pide a elaboración dun
estudo/informe sobre a situación laboral e salarial dos traballadores e as traballadoras do
Concello, no que se recollan ademais as medidas adoptadas en materia de
igualdade laboral ou as que se teñan que
establecer no seu caso, ao obxecto de erradicar as posibles discriminacións
nesta materia e a elaboración e presentación para a súa aprobación dun Plan de
Igualdade específico para os traballadores e traballadoras do Concello, no que
figuren as diferentes medidas a adoptar para eliminar calquera discriminación
de xénero e contemple as medidas que se consideren ao obxecto de facilitar a
conciliación da vida laboral, familiar e persoal” declarou o voceiro
socialista, que ademais anunciou que o seu grupo preguntará no próximo pleno se
é certa a existencia dunha denuncia por
acoso dunha traballadora municipal a un concelleiro do PP e se tiveron que
activarse protocolos de acoso por dito motivo
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.