O Partido Socialista de Arteixo, despois de escoitar a
reivindicación lóxica dun grupo de xóvenes do concello, solicitou ao goberno
local en Xunta de Voceiros a instalación dun punto de luz con programador
horario na praza de As Viñas, de xeito que se poidan utilizar as mesas de
xadrez e ping-pong existentes en horario no que non exista luz solar e ata unha
hora prudencial como as que están instaladas na explanada dese parque.
Asimesmo, imos solicitar a instalación de novas mesas (de
similares características) nas zonas recreativas do noso concello, para
complementar e ampliar a oferta de ocio saudable e próximo que alí existe.


No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.