09 noviembre 2018

SOLICITUDE SOBRE A SITUACIÓN DA AUGA DA TRAÍDA EN ARTEIXO




Dende hai un tempo, a auga da traída presenta unha turbidez constante deixando pousos escuros unha vez que se evacúa dos que a veciñanza denuncia constantemente amosándose fondamente preocupados pola idoneidade desa auga para a saúde humana e os desperfectos que ocasiona ou pode ocasionar nos electrodomésticos.

Ante esta situación que é constante e non só debida á avaría dun concello próximo, o Grupo Municipal Socialista amósase fondamente preocupado pola calidade da auga que, pode traer materia en suspensión o que nos pode indicar unha baixa calidade da auga que recibe a cidadanía de Arteixo así como unha clara dificultade no proceso de desinfección.

É sabido que as partículas responsables da turbidez posúen un tamaño que oscila entre 1 nm e 1mm, sendo a meirande parte delas debido á erosión da superficie do chan. A OMS (Organización Mundial da Saúde) recomenda que estes valores deben estar por baixo de 5 UMF (Unidade Nefelométrica de Formacina). A turbidez, na lexislación vixente é un parámetro organoléptico do grupo dos indicadores e o seu control é obrigatorio na análise de control, completo e de control da billa.

Así, o RD 140/2003 establece un valor paramétrico de 1 UNF á saída da ETAP ou depósito e 5 UNF na rede de distribución. Si estes parámetros non se cumpren, non se pode considerar apta para o consumo humano e sería precisa a intervención das autoridades sanitarias así como unha intervención xeral para resolver o problema 

Ante isto e a falta de información por parte do Goberno Municipal solicitamos do Concelleiro de Obras e Servizos:

• Explicación razoada do que ven acontecendo co subministro de auga potable nos últimos meses.

• Resultados das análises da calidade da auga marcadas na lexislación vixente e, en caso de non telas feito, analítica da idoneidade da auga potable en distintos puntos da xeografía municipal.

• Información á veciñanza de Arteixo do que está a acontecer co subministro de auga, da súa idoneidade para o consumo humano e datas de normalización da situación

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.