
O actual secretario xeral asumirá esta responsabilidade dunha maneira “máis coral”, tal e como se ten acordado na agrupación
O actual secretario xeral do
PSdeG-PSOE en Arteixo, Simón López, será o voceiro do grupo municipal
socialista. López toma o relevo a Martín Seco, despois de que renunciara a súa
acta de concelleiro
–seguindo os estatutos do partido- para emprender unha nova
etapa política no Parlamento galego.
López estudou Ciencias
Empresariais na UDC e na actualidade compaxina o seu traballo na empresa
familiar coas labores de edil no Concello de Arteixo dende xuño de 2019, e de
secretario xeral na agrupación socialista dende febreiro de 2018.
O socialista explica que
realizará as funcións de voceiro dunha maneira “máis coral” do que viña sendo
habitual, tal e como se ten acordado nos órganos de decisión da agrupación
arteixá.
Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo
queren agradecer a Martín Seco o traballo desenvolto estes anos no municipio e
deséxanlle a mellor das sortes nesta nova etapa política.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.