A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Igleisas, e a Concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Dna. Lourdes Loureiro Naya, convocaban esta mañá unha rolda de prensa para expoñer este punto, e expresar o seu malestar ante a postura da Xunta de Galicia. “Queremos que esta rolda de prensa sirva para denunciar o que consideramos unha tendencia nas actuacións que a Xunta de Galicia está levando a cabo en materia de Servizos Sociais”.
Até o de agora, Arteixo contaba cun servizo de comedor asistido sufragado parcialmente coas subvencións autonómicas. Este servizo, que asiste a 85 arteixáns na actualidade, conta con duas vertentes. Por un lado, o comedor social do centro de maiores, onde preto de 20 persoas acuden diariamente a comer un menú elaborado de forma san e diaria, e onde ademáis aproveitan para departir e manter os lazos afectivos entre eles, evitando así o illamento e a soidade. Por outra banda, o Concello de Arteixo conta tamén cun comedor sobre rodas, que leva o xantar diario aos dependentes que así o precisan, garantindo así unha correcta nutrición, ao tempo que se cuida e vela polo seu benestar mediante estas visitas diarias.
Pero o pasado ano a Xunta de Galicia, concretamente Benestar Social, remitíu ao Concello de Arteixo un novo convenio, no que se contemplaban cambios moi específicos, e que son, en palabras da propia Concelleira “intolerables”.
A Xunta propuña un só reparto de bandexas de comida, de xeito semanal. Os dependentes recibirían o menú de toda a semana o mesmo día, almacenaríano nas súas neveiras, e quentaría a bandexa diaria pola súa conta.
“O custo deste convenio é evidentemente menor, tanto para o Concello como para a Xunta, co que se reducen costos, pero este Goberno considera que hai cousas que están por riba do aforro de custes, e as persoas dependentes son, dende logo, un dos exemplos”.
Ante a oferta da Xunta, o Goberno Arteixán amósase firme: “Este Goberno, e eu mesma como Alcaldesa, considera que este convenio e inadmisible. Obrígannos a escoller, e escollemos: este goberno manterá o servizo de comedor social tal e como existe na actualidade, asumindo o 100% do custo do mesmo”. Unha cifra que rolda os 40.000€.
Tanto a Alcaldesa como a Concelleira de Servizos Sociais aproveitaban as súas intervencións para insistir na “deshumanización” que o cambio proposto pola Xunta suporía nun servizo que debe ser “máis humano que calquera outro”, e chamaban aos dirixentes autonómicos a “reflexioar e rectificar” na súa proposta.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.