29 enero 2010

O Goberno de Arteixo reclama oficialmente á empresa responsable da Piscina a devolución das cuotas correspondentes aos días de folga

A Xunta de Goberno do Concello de Arteixo aprobaba o pasado mércores, por unanimidade, requirir por escrito e oficialmente á empresa GAIA, concesionaria dos servizos da Piscina Municipal, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas en concepto de taxa polo servizo público, durante os días do peche da piscina con motivo da folga dos seus traballadores.



Esta medida, que xa anunciara anteriormente a Alcaldesa, Dna. Pilar Souto Iglesias, ten o seu baseamento na convicción de que os usuarios non deben aboar a parte de cuota correspondente aos días nos que a piscina estivo pechada, posto que neses días non se prestou servizo algún.



Esta decisión foi adoptada polo Goberno de Arteixo, apoiada nun informe da Intervención Municipal que considera que, segundo a lei, procede efectivamente a devolución desas cuantías, baseándo esta enfoque, principalmente o Art. 26.3 do R.D.L. 2/04 de 5 de marzo (Le iReguladora de Facendas Locais que regula os recursos das EELL: “Cando, por causas non imputables ao suxeito pasivo, o servizo público, a actividade administrativa ou o dereito a utilización aou aproveitamente do dominio público non se presete ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente”

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.