24 marzo 2010

A Xunta De Goberno Do Concello De Arteixo Aproba A Contratación De Catro Dos Proxectos Do Novo Fondo Estatal Para O Emprego

A Xunta de Goberno do Concello de Arteixo aprobaba esta mesma mañá a contratación dos proxectos e as direccións de obra de catro das obras propostas para o novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, aprobadas xa polo estado. Deste xeito, axilízase a posta en marcha destes novos proxectos, destinados a mellorar a calidade do servicio prestado á cidadanía.

As obras levadas á Xunta de Goberno foron:

* Rehabilitación do Muíño para a creación dun Aula da Natureza
* Ampliación da rede de saneamento para dar servicio ás naves da Avenida da Coruña
* Abastecemento de auga e saneamento de Larín
* Infraestructuras Tecnolóxicas para a Rede Municipal

Unha vez adxudicada a redacción destes proxectos, as empresas redactoras dos mesmos deberán presentalos nun espacio de tempo breve –dependendo do proxecto, de 5 a 28 días- para que, á maior brevidade posible, poidan acometerse ás obras necesarias, e dar así cumprida conta dos mesmos.

O Concello de Arteixo presentou un total de 10 proxectos para a súa inclusión neste Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, dos cales, 9 contan xa coa aprobación do Goberno Estatal. O proxecto aínda pendente de sinatura, correspondente coa Simplificación Administrativa, atópase nestes momentos, segundo comunicación recibida esta mesma mañá dende o Ministerio de Política Territorial, á sinatura do Secretario de Estado, polo que a súa aprobación é xa inminente.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.