30 julio 2011

Iniciativas do Grupo Municipal Socialista de Arteixo no Pleno de Xullo

Decirvos que a moción non foi admitida a trámite ó votar o PP en contra da urxencia de debatila neste pleno:

MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:



Este venres, 2 de Xullo de 2011, poidemos observar como a Xunta de Galicia publicaba no DOGA o anuncio da resolución pola que se aprobaba o proxecto de trazado da obra e actuacións no ámbito metropolitano da Coruña, duplicación da calzada AC-551 Sabón-AG-55 e reordenación da glorieta de Sabón. Neste anuncio a Consellería trocaba o proxecto presentado en Decembro do 2010, que constaba dunha glorieta de tres niveis e pasaba a unha de dos niveis, eliminando o paso inferior planificado con anterioridade. Dito troco no proxecto, fíxose sen levar a cabo un novo período de exposición pública e o conseguinte prazo para a presentación de alegacións.

Dende o Grupo Municipal Socialista non atopamos por ningún lugar as explicacións técnicas da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras, para trocar o proxecto presentado en Decembro do ano pasado. Nesta presentación pública, o Conselleiro afirmaba con rotundidade, a necesidade de levar a cabo este proxecto cunha rotonda de tres niveis, xa que ésta, era a única solución que podería dar resposta os problemas de tráfico que temos na actualidade e que virán aumentados pola posta en servicio das instalacións do Porto Exterior e o Polígono de Morás. A única resposta con sentido que atopamos é que este troco sexa debido ao aforro económico, que pase dun presuposto duns 13 millóns de euros a un menor de 10 millóns, aínda que sexa a costa dun descenso importante das prestacións desta instalación que podería facer que quedase obsoleta en pouco tempo, voltando a ter problemas de colapso na rotonda a corto prazo, algo inaceptable para unha instalación de vital importancia para este concello e a súa comarca. Algo que pon en evidencia a falla de compromiso do goberno da Xunta de Galicia cos veciños de Arteixo e as súas empresas.

Por outra banda as alegacións que presentou o Grupo de Goberno do Concello, composto naqueles momentos polo PSOE e TEGA e as que presentaron os Grupos da Oposición, PP e BNG, que ademais as fixeron públicas nos medios de comunicación, non establecían en ningún caso a necesidade de eliminar o paso inferior da rotonda, senon que abogaban por comunicalo coa Avda da Deputación e non coa Avda da Praia, así como outras necesidades de corrección no tráfico derivadas de dita instalación, así como a eliminación da peaxe da Autovía de Carballo. Non endendemos polo tanto, o cambio de parecer do noso Alcalde, o señor Calvelo, que no momento das alegacións, xa era candidato do PP á Alcaldia de Arteixo e abogaba por levar a cabo esta infraestructura nas condicións que necesita o noso concello e que agora aplaude o que semella que é un proxecto lesivo para os intereses dos cidadáns e empresas do noso Concello, sen máis motivo aparente que o de obedecer os designios dos mandatarios do PP de Galicia.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

  • Que o Grupo de Goberno en representación de toda a Corporación Municipal, envie a Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras un escrito onde expoña públicamente o seu posicionamento contrario a este troco plantexado pola Xunta de Galicia no proxecto da reforma da Glorieta de Sabón, sen levar a cabo un período de exposición pública e un prazo de presentación de alegacións e que volte a reivindicar a necesidade dunha infraestructura que absorba o tráfico que terá esta instalación nos vindeiros anos e a eliminación da peaxe da Autovia de Carballo como medida complementaria para paliar o excesivo tráfico da nosa rotonda 
  • Que na maior brevidade posible, o Grupo de Goberno encargue un informe aos técnicos do noso concello para avaliar o troco do proxecto que acaba de efectuar a Xunta de Galicia e as actuacións complementarias que se deberían de levar a cabo para solucionar os problemas de tráfico que causaría esta actuación no noso concello.
  • Que se ditos informes, non consideran que a solución plantexada pola Consellería sexa a solución óptima para o tráfico nos vindeiros anos, o Grupo de Goberno proceda a interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a resolución adoptada pola Xunta de Galicia ou recurso potestativo de reposición ante o Conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras.

ROGO


Nestas derradeiras datas, se estivo procedendo ao asfaltado do aparcamento do Colexio de Galán, na parroquia de Oseiro, en primeiro lugar procedeuse a retirar o asfalto danado para posteriormente proceder a reasfaltar o aparcamento. Como podemos observar na imaxe adxunta, o residuo obtido da eliminación do asfalto danado, procedeuse a deixar tirado na cuneta de dito aparcamento. O Grupo Municipal Socialista roga dos responsables da Concellería de Obras:

• Ordenen aos responsables da obra, a retirada inminente de ditos residuos.

• Supervisen as obras realizadas para evitar que se volten a producir este tipo de actuacións


PREGUNTA

O anterior grupo de goberno no Concello de Arteixo na pasada lexislatura, adquiriu as máquinas para a instalación dun parque biosaludable na parroquia de Pastoriza, para tal actuación, chegou a un acordo cun propietario dunha finca desta parroquia para a instalación de dito parque. Tendo en conta o avanzado desta actuación, o Grupo Municipal Socialista desexa preguntarlle o señor Alcalde:

• ¿Ten pensado o grupo de goberno do Partido Popular continuar coa instalación deste parque biosaldable?, se é así ¿cando o pensa levar a cabo?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.