26 agosto 2011

Preguntas no Pleno de Agosto polo inexplicable aumento de prazas na Escola de Música de Arteixo


O 19 de Xullo de 2011 saiu publicada na páxina web do concello, a lista de admitidos e lista de espera dos alumnos da Escola Municipal de Música de Arteixo, nela figuraban 164 alumnos nas diferentes clases e especialidades, en ningunha das cales se sobrepasaban os 20 alumnos. Na Xunta de Goberno Local do 3 de Agosto de 2011, decidiuse modificar a lista e concederlle praza a 224 alumnos,é dicir un 136% máis de alumnos, sobrepasando en 5 das clases os 20 alumnos e chegando aos 30 en piano, 25 en guitarra, 27 en Música e movemento básico e 25 en Música e movemento Iniciación 2. Dito aumento significa darlle praza á totalidade dos solicitantes residentes no noso concello.
No anterior pleno do mes de Xullo, modificouse o regulamento da Escola e no debate tódolos grupos mostramos o noso recoñecemento por unha boa labor que se estaba levando a cabo dende esta escola, así como coincidíamos coa necesidade de seguir mellorando este servicio que é tan valorado polos nosos cidadáns. O equipo de goberno confirmou nos medios de comunicación que non se levaría a cabo a contratación de novo persoal docente, nin se procedería a aumentar a infraestructura e o material de dita escola, polo que esta aumento será asumido por un empeoramento da calidade das clases que imparte esta escola. Dende o Grupo Municipal Socialista estamos preocupados por que este servicio deixe de poder exercer a sua función coa calidade necesaria por non ter unha organización axeitada a súa infraestructura e por intentar contentar de xeito electoralista a todos sen importarlle a necesidade de exercer as suas funcións conforme a infraestructura coa que conta.
Por este motivo nos vemos na obriga de preguntarlle ó Sr. Alcalde ou a concelleira delegada:
  • ¿Cal é o motivo de que se aumentaran as prazas desta escola?
  • ¿Fíxose algún estudio ou informe do coste deste aumento á calidade da formación administrada por dita escola?,
  • ¿Valorouse a posibilidade de rebaixar a calidade impartida por dita escola co aumento o que se lle ten sometido por parte do novo goberno local?
  • ¿Someteuse á valoración da dirección da escola e dos mestres, dito aumento?
  • ¿Fíxose co único afán de contentar a todo aquel que se quixese matricular neste servicio?
  • ¿É certo que algún cidadán acudiu a realizar a matrícula sen praza, antes do aumento, esixindo a matriculación por pertencer o entorno do Partido Popular?
  • ¿Non sería máis axeitado esperar a variar as condicións da escola, tanto en infraestructura como en profesorado para proceder despois a elevar o número de alumnos admitidos?


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.