29 octubre 2011

Propostas do Grupo Municipal Socialista para o POS 2011

                                                                                                                                                       
PROPOSTAS GRUPO SOCIALISTA - POS 2011


                        Martín Seco García con DNI 33.336.132- R, voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, en representación deste grupo, fai as seguintes propostas para poder ser incluídas no Plan de Obras e Servizos do ano 2011:


            MORÁS:

·        Asfaltado na rúa Rivera e rúa de Abaixo no lugar de Uxes.
·        Instalación dunha pérgola permanente no campo de festa de Uxes para  a celebración das festas.
·        Senda peonil dende Santa Icía ata o límite do Concello de A Coruña


RAÑAL:

·        Por motivos de seguridade vial faise inexcusable a construcción de beirarrúas na estrada que vai dende a ría do Rañal ata o Polígono de Sabón e mellora da iluminación e da sinalización vial.


ALTO DE ARTEIXO:

·        Remate do saneamento da rúa Fonte da Horta.
·        Acondicionamento das beirarúas na rúa dos Castros e renovación da canalización da traída de auga con constantes roturas.


CHAMÍN:

·        Acondicionamento do firme e mellora do alumeado na rúa Santa Marta.


LOUREDA:

·        Canalización das augas que baixan dende o polígono de Morás cara o Igrexario de Loureda e a pista que conecta éste con Martulo


MEICENDE E PASTORIZA:

·        Construcción ou renovación de beirarrúas, iluminación e mellora do mobiliario urbano nas Travesías de Meicende  e Pastoriza.


OSEIRO:

  • Acondicionamiento do firme da rúa da Fonte.
VILARODÍS:

  • Completar construcción beirarrúas na Avenida de Platas Varela a ambos márxenes
LARÍN:

·        Remate do abastecemento e recollida de augas dende Pedra ata o límite do concello para rematar esta parroquia.


BARRAÑÁN:

  • Peche do ciclo de abastecemento e recollida de auga na parroquia de Barrañán.
ARTEIXO:

  • Urbanización do entorno do CEIP Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.