28 octubre 2011

Rogo pola falla policial na entrada do CEIP Arteixo e o incumplimento da promesa do señor Calvelo cos pais que quedaron sen bus escolar



ROGO

            No anterior pleno municipal o Grupo Socialista, presentou un rogo para solicitar do Concelleiro de Seguridade Cidadá, presencia policial na explanada das festas á hora de entrada dos colexios, xa que dita explanada utilizase para acceder ao aparcamento dun coñecido establecimento comercial e tamén serve de aparcamento para moitos pais que levan aos seus fillos aos colexios. Nestas datas, apareceron noticias de que no Consello Escolar do CEIP Arteixo, o señor Calvelo, representante do concello, se comprometeu a facer obras nas instalacións do CEIP Arteixo para que a entrada sexa trasladada para a zona sur, sendo ésta zona moito mellor para a comodidade e seguridade dos viandantes, pero dende o noso grupo, cremos que debido a que este aparcamento vai a seguir sendo utilizado polos país que teñen que acudir en vehículo particular cos seus fillos e que a circulación de vehículos cara o parking do establecemento comercial seguirá sendo denso neste horario, é completamente necesario a existencia de presencia policial na explanada das festas, no horario de entrada aos colexios, xa que a posibilidade de que suceda algún accidente, pola falla de regulación e control policial é moi elevada e sería unha responsabilidade que caería sobre a inacción deste grupo de gobernó do PP.

            Por outra banda, o Alcalde deste concello se comprometeu persoalmente cos país afectados pola eliminación da Xunta das paradas situadas preto das instalacións educativas, a solucionarlles o problema que a Xunta acababa de ocasionar con esta constante política de recortes nos servizos sociais, educación e sanidade. Ademais, o señor Alcalde aseguroulles que tería solucionado este problema para comezos de Outubro, pero cando estamos preto de rematar o mes, o grupo de goberno non conqueriu que a Xunta reconsidere esta situación, nin solucionou este problema cos medios propios da nosa administración, incumplindo un compromiso sellado ante estes cidadáns, que dende o Grupo Municipal Socialista rogamos que se solucione no menor tempo posible. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.