28 octubre 2011

Rogo e preguntas ao señor alcalde para a desafectación dos terreos expropiados polo proxecto das rotondas da AC-415


ROGO e PREGUNTA

            Ante a pregunta presentada polo parlamentario socialista Pablo López Vidal no Parlamento de Galicia á Consellería de Infraestructuras pola situación do proxecto de seguridade viaria da estrada AC-415 de Coruña a Sabón, discurrindo polas parroquias de Meicende, Pastoriza e Oseiro que contaba inicialmente cun presuposto de máis de 1.500.000 euros. Ante esta pregunta, dita Consellería  tivo a desfachatez de contestar, que debido a oposición vecinal non se chegou a expropiar aos veciños afectados, actuando só na adecuación do firme.

            Tódolos membros desta corporación coñecemos que sí se procedeu á expropiación forzosa, tendo na miña propiedade unha acta deste procedemento de Xuño do ano 2007, pero a Xunta de Galicia non fixo nada por pagar ou desafectar os terreos que levan mais de 4 anos ocupados co perxuizo xenerado aos propietarios destes terreos que non pudieron contar con eles desde esta data.

            Ante esta situación o Grupo Municipal Socialista rógalle ao señor Alcalde, que de inmediato, proceda a esixirlle á Consellería de Infraestructuras a desafectación dos terreos e que ditos fondos sexan utilizados para dotar unha partida económica para mellorar o tráfico rodado nestas parroquias afectadas por este proxecto.

            Ademais solicitamos facerlle as seguintes preguntas:

·         ¿É vostede coñecedor de cómo está a situación detes terreos?
·         ¿Comunicoulle á Consellería de Infraestructuras a necesidade de desafectar estes terreos o antes posible?
·         Unha vez coñecidos os presuposto da Xunta para o 2012, ¿pensa solicitarlle que a Consellería destine estes fondos para as infraestructuras destas parroquias de Arteixo?



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.