19 noviembre 2011

Nota de prensa polas noticias aparecidas estos días sobre o tema dos realoxos de Penamoa


A Fundación Secretariado Xitano e os traballadores de Servizos Sociais do Concello de Arteixo, afirmáronos que a primeira reunión política en Arteixo sobre o tema dos realoxos fora co actual goberno do PP, xusto despois de que o Concello de A Coruña, adxudicara importantes subvencións a dita entidade, ¿está o señor Negreira realoxando a chabolistas de Penamoa a espaldas dos cidadáns de Arteixo, co beneplácito do señor Calvelo? , ¿prefire o señor Calvelo seguir botándolle a culpa aos anteriores rexidores e non facer nada para solucionar este problema? , ¿porqué non se está a tratar seriamente este tema con tódolos grupos políticos, para poñer en marcha un Plan que conte co apoio da Xunta de Galicia e que establecezca os mecanismos de servicios sociais e os de seguridade cidadá, necesarios para afrontar este problema?

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos moi preocupados polas últimas noticias xurdidas, dende falsas acusacións que o señor Calvelo lanzou contra o anterior goberno do PSOE en Arteixo e que foron desmentidas pola Fundación Secretariado Xitano e polos traballadores de Servicios Sociais que non son conscientes de ningunha reunión, con presencia dos membros do goberno anterior, para falar de realoxos dos chabolistas de Penamoa que continuamente criticaron que se estaban facendo as súas espaldas. Non sabemos que tramarán o señor Negreira e o señor Calvelo para seguir desmantelando o poboado de Penamoa, unha vez que a Fundación S. Xitano desmentira que se comprometera co Concello de Arteixo a deixar de realoxar os membros deste poboado no noso concello e que por outro lado siga recibindo sustanciosas subvencións do Concello da Coruña que supoñemos que traeran pola porta de atrás, máis realoxados e máis inseguridade ao noso concello e moi en concreto ás parroquias de Meicende e Pastoriza, aínda que este problema se extende por todo o concello. Todo elo, coñecendo que o señor Calvelo se comporta dun xeito servil cos seus superiores no PP, como podemos observar no tema da falla de subvención da reforma da rotonda de Sabón por parte da Xunta de Galicia que non está sendo contestada polo señor Calvelo, e que incluso se está prestando a facela a costa dos impostos dos nosos cidadáns nunha infraestructura que é da Xunta de Galicia e que podería deixar en bancarrota as nosas arcas que deixaron en boa situación os anteriores rexidores.

Dende o Grupo Municipal Socialista estamos a botar en falla que o noso rexidor nos convoque a unha Xunta de Portavoces, como xa debería ter feito co tema da rotonda do Seixedo e que nos invite a esas reunións que fai cos servicios sociais, fundacións e asociacións de veciños, porque sabemos que o único xeito de poñerlle solución a este grave problema de inseguridade cidadá e a unión de tódolos grupos políticos e os cidadáns do noso concello para conquerir que A Coruña deixe de tratar a Arteixo como un concello de segunda división, por outro lado poñémonos a disposición dos noso gobernantes para apoiar o aumento da policia local necesario e para a creación dunha comisaría de policia en Meicende como levábamos no noso programa electoral, apoio que en tantas ocasións negaron cando estaban na oposición e agora son víctimas da sua irresponsabilidade, asi como para o estudio de programas de integración e de reforzo dos servizos sociais, xa que non podemos olvidar que moitos dos chegados a Arteixo son menores e debemos facer o posible que teñan un futuro digno e en convivencia con todos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.