19 noviembre 2011

Nota polo apagón informativo sobre a creación dun contrato para meter persoal de confianza pola porta de atrás


Que ten que esconder o señor Calvelo, do contrato dado a empresa “ARTAI”, onde traballa Ángel Varela, que xestiona a relación cos medios de comunicación e que ten un coste de 20.060 euros por cinco meses de traballo e pola que preguntamos no pleno de Setembro sen obter resposta, pedimos acceder o expediente neste mesmo mes e ilegalmente tardaron máis dun mes en darnos acceso a él, e cando pedimos copia dos documentos deste expediente se nos contesta que non.
 
            Dende o Grupo Municipal Socialista preguntamos no mes de Setembro pola creación dun novo contrato de relación cos medios de comunicación cunha duración de cinco meses e cun coste de 20.060 euros, nestas preguntas denunciábamos o que semellaba unha contratación de persoal de confianza pola porta traseira, cun contrato que anualmente alcanzaría os 50.150,00 euros, o que supón case que multiplicar por catro o gasto en persoal de confianza que tiña o anterior goberno, nos tempos de crise que estamos a vivir. Dende aquela o alcalde non deu contestación as preguntas realizadas polo noso grupo, que non semellaban de dificultad para contestar. Nesas mesmas datas solicitamos acceder ao expediente de contratación para fiscalizar dito contrato, pero lonxe de cumplir coa legalidade, tardaron máis dun mes en contestar a dita solicitude, intentando evadir a obligatoriedade de darnos acceso a esa documentación, acabamos tendo acceso a principios deste mes e despois de revisala  solicitamos obter unha copia de certos documentos para efectuar unha valoración máis o pormenor deste contrato, pero atopámonos coa negativa do señor Calvelo a entregarnos unha copia destos documentos.

            Ante este comportamento, preguntámonos que ten que agochar o señor Calvelo con este contrato ao señor Ángel Varela para non dar copia destes documentos e non contestar as preguntas efectuadas no mes de Setembro polo noso grupo.  Ademais dubidamos de que se estén cumplindo as condicións que establece dito contrato por recomendación do Interventor, para que non teñamos unha nova coladeira pola porta de atrás de persoal para este concello, como por exemplo que non pode utilizar as instalacions municipais, nin o material municipal, nin recibir órdenes dos representantes do PP, conceptos que son de dominio público que están vulnerando continuamente os mandatarios do PP do Concello de Arteixo.

            Pola nosa parte non nos cansaremos de denunciar este aumento exponencial do gasto en persoal que o PP estableceu dende a sua chegada ao gobernó do Concello, cando se nos prometera austeridade no gasto en persoal de confianza e asignacións e dedicacións exclusivas que non se está a cumplir.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.