19 enero 2012

Nota pola deficiente limpeza das beirarrúas


Dende o Grupo Municipal Socialista temos recibido nas últimas datas, multitude de críticas hacia os gobernantes do noso concello por parte de moitos veciños do casco de Arteixo que se queixan da falla de limpeza das beirarrúas e da falla de frecuencia coa que se levan a cabo dita limpeza. A insalubridade destas beirarrúas fai que algunha comunidade de veciños da parte alta da Travesia de Arteixo teña contratado pola sua conta, un saneamento serio da beirarrúas que pasa polas súas vivendas ante a incapacidade dos responsables do Concello de manter unhas condicións óptimas no solo que pisamos tódolos veciños. Tamén son múltiples as queixas dos veciños desta rúa, no tránsito que vai, dende o paseo fluvial ata o ambulatorio, pola suciedade que teñen estas beirarrúas e pola falla de frecuencia na limpeza que fai que nalgúns momentos se converta en intransitable.

Tamén sería desexable e dende o Partido Socialista solicitamos, que se poña a funcionar a ordenanza que o anterior goberno elaborou e que persigue aos propietarios de cans, que non recollen e limpan as deposicións que as súas mascotas deixan nas beirarrúas, e que dende o concello parece que olvidan, por non saber como levar a cabo unha política de disuasión e de concienciación para a perda de certos hábitos que dificultan a convivencia.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.