18 febrero 2012

Nota pola falla de calefacción no Centro Médico de Meicende


Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo): “É inaceptable que o Concello teña dende fai un mes, aos usuarios do Centro Médico de Meicende sen calefacción a primeira hora, e os operarios municipais teñan que achegarse tódolos días a primeira hora a intentar encedela caldeira”

           
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo, recibiu multitude de queixas por parte de veciños usuarios do Centro Médico de Meicende por  ter que soportar dende fai un mes, baixas temperaturas cando facían uso da estas instalacións.

Chegaron a ter que poñer estufas na zona de pediatría para que os nenos aguantasen co frío e algúns pacientes que acuden a primeira hora a recibir SINTROM tiñeron que esperar debido a que era imposible levar a cabo dita operación polas baixas temperaturas as que se atopaban as instalacións.

            A situación ven sucedendo dende fai un mes e a primeira hora da mañá os usuarios e empregados do Centro Médico se atopan sen calefacción e teñen que chamar aos operarios do concello que acuden a cebar e encendela caldeira cando reciben o aviso, co que durante media mañá, as condicións térmicas non son as esixibles e temos que ter en conta que este centro non abre polas tardes, facendo ademais que o concello perda media mañá o concurso deste operarios que se teñen que dedicar a isto en vez de a outra cousa.

            Despois de visitar esta mañá temprano, as instalacións deste Centro Médico, o voceiro socialista, Martín Seco, da fé das baixas temperaturas ás que se atopa dita instalación pública, na que o Concello é o encargado de xestionar a calefacción e solicita solucións de inmediato para os usuarios deste centro médico que teñen que soportar condicións infrahumanas para ser atendidos polos profesionais médicos, tendo en conta que entre eles se atopan nenos pequenos, ancianos e xente enferma, moi vulnerables a ditas condicións.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.