18 febrero 2012

Asamblea Local do PSdeG-PSOE de Arteixo ante o 12º Congreso Nacional


Ante a convocatoria do 12º Congreso Nacional Ordinario do PSdeG-PSOE,
onte celebramos a asamblea do PSdeG-PSOE de Arteixo co motivo de
valorar os seguintes puntos:

   1º A xestión da Executiva Nacional Galega saínte
   2º Aprobar as enmendas a Ponencia Marco deste Congreso
   3º Designar os 3 delegados correspondentes a nosa agrupación.

A asamblea decidiu:

1º.- Aprobar a xestión da Executiva Nacional Galega saínte.

2º Aprobou por unanimidade dos asistentes un abundante número de
enmendas elaboradas no seguinte senso:

Primar a participación dos militantes en tódolos ámbitos, establecer
primarias internas para a elección dos Secretarios Xerais Galego e
Provinciais, aplicación de listas abertas para os procesos de elección
internos, prohibición de acumulación de cargos orgánicos e
institucionais, limitación de 2 mandatos (8 anos), cun máximo de 12
anos en caso de excepcionalidade para os cargos institucionais e
medidas para un maior control da Comisión de ética dos casos de
posibles implicacións de membros do partido en casos de dubidosa
legalidade.

3º.- A única lista de delegados ao Congreso que se presentou foi a
encabezada polo portavoz municipal e saiu elexida é a seguinte:

     1.- Martín Seco García
     2.- Susana Lebón Rivas
     3.- Alberto Rodríguez Amoroso

Suplentes:

     1.- Rocio Veira Cedeira
     2.- Francisco Para
     3.- Joquina Rivas

A delegación de Arteixo acude o Congreso nacional coa responsabilidade
de favorecer un debate político que dote ao noso partido dos cauces de
participación e de apertura que a sociedade está esixindo e aposta
claramente por unha dirección cun liderazgo forte que volva a facer do
noso partido o referente dunha maioría social na nosa terra.

Aquí quédanvos as enmedas aprobadas:

ENMENDAS DE ADICIÓN
Artigo 3.-  Parágrafo 1327
Engadir: … A organización garantirá a implantación de cauces efectivos de participación da militancia a tódolos niveis.

Artigo 3.- Parágrafo 1331
Engadir: … Toda modificación da estratexia establecida nas resolucións dos congresos e nos programas electorais será obxecto de consulta previa á militancia coas garantías estatutarias equivalentes aos procesos congresuais.
6. O uso das tecnoloxias da comunicación será parte integrante da organización do partido, tanto na súa función administrativa como de soporte para unha maior e mellor participación de toda  a militancia, velando polo acceso ás mesmas de calqueira militante.

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Artigo 5.1 . Parágrafos 1343 e 1344:
b) As Comisión Executivas Provinciais e Nacional serán elexidas polo seguinte sistema:
·         Elección do Secretario/a Xeral mediante sufraxio universal e secreto da militancia, que establecerá un procedimento análogo ao de primarias  para a presentación de candidaturas e a celebración do proceso de elección en igualdade de oportunidades. O Congreso Nacional e Provincial celebrarase nun plazo de 45 días posterior a esa elección, cu n plazo mínimo de 21 días entre a difusión da Ponencia Marco e a data límite para a aprobación de enmendas por parte das Agrupacións Locais.
·         Elección das Comisións Executivas Provinciais ou Nacionais mediante o sistema maioritario a proposta do Secretario/a Xeral electo/a.

Artigo 5.1 Parágrafo 1346:
            As substitucións producidas entre congresos, a proposta do/a  Secretario/a Xeral e serán aprobadas tanto pola CENG como polo CNG.

Artigo 5.2. Parágrafos 1348 ata 1350 ambos inclusive:
            Os delegados e delegadas aos Congresos, os Participantes nas Conferencias Políticas e os membros dos Comités Provinciais, Nacionais e Federais serán elexidos polo procedemento de listas abertas, paritarias e de cremallera e por sufraxio directo e secreto da militancia do ámbito da lista a votar.

ENMENDA DE ADICIÓN:
Artigo 5.2.- Posterior o parágrafo 1350
Asegurarase  que a asignación de 1 delegado por cada agrupación que non supere un certo número de militantes, non suporá máis dun 10% no total de delegados nos Congresos e Conferencias Políticas.

ENEMENDA DE SUBSTITUCIÓN:
Artigo 9.- Parágrafo 1391
Onde pon “Eleccións internas” subsitutir por ”Eleccións a candidatos/as”

ENMENDA DE ADICIÓN:
Artigo 36.- Parágrafo 1473
Engadir entre ”organización xuvenil……que elixirán”,  os voceiros/as municipais dos concellos e demais cargos institucionais do partido pertencentes a dita comarca.

ENMENDA DE SUPRESIÓN:
Artigo 44.- Parágrafo 1489
Eliminar: “…o/a secretario/a xeral…”

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN:
Artigo 46.1 – Os parágrafos 1494, 1495, 1497 e 1498 pasalos ao Artigo 46.3 Participarán con voz, pero sin voto depois do parágrafo 1502.


ENMENDA DE SUPRESIÓN:
Artigo 47.- Parágrafo 1520.
            Suprimir: “As conclusións aprobadas Terán carácter vinculante”.

ENMENDA DE SUPRESIÓN:
Artigo  70.-  Parágrafo 1615
Suprimir: “… o Secretario Xeral…”,”…45  membros do Comité Nacional…”, “e aos  membros do Comité Federal  que correspondan”.

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN:
Artigo  71.- Parágrafo 1620
Substituir por: O Secretario Xeral será elegido por sufraxio universal e secreto da militancia, que establecerá un procedimento análogo ao de primarias  para a presentación de candidaturas e a celebración do proceso de elección en igualdade de oportunidades.

ENMENDA DE SUPRESIÓN:
Artigo 7.1.- Eliminar o Parágrafo  1623

ENMENDA DE ADICIÓN:
Artigo 72.- Parágrafo 1630.
Despois de: “… ou pola Comisión Executiva Nacional Galega” , engadir “…e coa ratificación do CNG…”

ENMENDA DE SUPRESIÓN:
Artigo 74.1- Suprimir o Parágrafo 1636

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN:
Artigo 74.1- Os apartados c),d),e) e g) dos Parágrafos 1638,1639,1641, pasalos ao Artigo  74.3 posteriormente de “Participarán con voz e sen voto”, parágrafo 1643.
ENMENDA DE ADICIÓN:
Artigo 74.2.- Parágrafo 1642.
Engadir ao final: “…. ,ratificado polo CNG.”

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN
 Artigo 80.2- Parágrafos 1732,1734,1735,1736, pasalos a un Artigo 80.3.- Son membros da CENG, con voz pero sin voto

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Artigo 80.3.- Parágrafo 1737, pasalo a un Artigo 80.4 ca seguinte redacción:
“O resto dos representantes institucionais do PSdeG-PSOE asistirán as reunións da CENG, sempre que lles sexa requerida a súa presencia”

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Artigo 82.- Parágrafo 1745
Onde pon “terán unha adicación preferente ás tarefas da mesma”, “terán unha dedicación exclusiva a ela, só podendo compatibilizala cun cargo de natureza institucional”

ENMENDA DE ADICIÓN
Artigo 91.- Posterior parágrafo 1790.
Engadir parágrafo: Todo candidato/a do PSdeG-PSOE a un cargo electo, ou persoa a nomear nun cargo de confianza nunca institución gobernada polo PSdeG-PSOE, en solitario ou coalición, así coma os cargos orgánicos, asinará, antes da súa designación definitiva, unha carta de dimisión do seu cargo, comprometéndose a non permitir que a súa actuación persoal, profesional ou política, en particular en causas xudiciais, perxudique a imaxe do PSdeG-PSOE. Dita carta de dimisión será utilizada polo cargo que o nomeu, previo acordo da Comisión de Ética.
Engadir parágrafo: A Comisión de ética, a instancia de Comsión Executiva Nacional Galega, ou de oficio cando se trate de un membro desta, escoitará a todo cargo orgánico ou electo que sexa obxecto de investigación judicial e poderá recomendar razoadamente ao órgano competente a suspensión de dito cargo das suas funcións ou ben medidas de amparo do militante e de defensa dos intereses do partido.

ENMENDA DE ADICIÓN
Artigo 94.- Posterior parágrafo 1811
Engadir: g) Toda persoa condeada en firme pola xustiza. 

ENMENDA DE ADICIÓN
Artigo 103.- Ao final do parágrafo 1851.
Tomarase como principal factor na elección dos candidatos/as, as propostas que surxan das asambleas locais pertencentes aos ámbitos de elección, primando tamen a configuración dunha representatividade da maior parte do ámbito xeográfico en cuestión.

ENMENDA DE ADICIÓN
Artigo 104.- Posterior o Parágrafo 1853
Engadir: A permanencia nun cargo electo ou orgánico será dun máximo de dous mandatos ou oito anos. Poderase autorizar a concurrir un terceiro mandato como caso de excepcionalidade, ou incluso máis nas poboacións pequenas (de menos de 5.000 habitantes)

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Disposición Adicional Terceira. Parágrafo 1623.
Onde pon “…aprobarase pola CENG…”, substituir por “… aprobarase polo CNG…”

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.