24 febrero 2012

PREGUNTAS PRESENTADAS POLO GRUPO SOCIALISTA NO PLENO DE FEBREIRO


Todas estas preguntas que se levaron o pleno de Febreiro,  están feitas nun contexto de suposta austeridade que o Partido Popular predica nos medios de comunicación, que intenta aplicarlle os máis e que despois non se corresponde coa actitude nos gastos que lles conveñen. Ahí vos quedan:
           
·        Na acta de Xunta de Goberno, do 28 de Decembro de 2011, aparecen dadas de alta tres novas liñas de telefono móvil con tarifa de datos, para o Alcalde e os concelleiros de Persoal e de Educación, dende o Grupo Muncipal Socialista, desexamos saber se estas novas liñas telefónicas, son a maiores das que xa dispoñían estes membros do goberno, se teñen valorado canto vai a ser o custe destas, e que nos expoñan o porque da aparición destas novas liñas telefónicas nestos tempos de crise.

·        Na acta de Xunta de Goberno d0 30 de Decembro de 2011, aparecen na aprobación de facturas, aparecen tres facturas de publicación de anuncios no Períodico de Arteixo e tres no Noticiero de Arteixo, as tres primeiras por valor de 2529,92 euros e as tres do Noticiero de Arteixo por valor de 1593 euros, é dicir un gasto de 4122,92 euros en publicidade para medios locais. Dende o GMS de Arteixo desexamos coñecer a que estaba destinada esa publicidade.

·        Nesta mesma acta aparece unha aprobación de gasto para a compra dun IPAD 2, para o Concelleiro de Persoal, o señor Novo, por un valor de 842 euros. Dende o GMS de Arteixo, desexamos coñecer cal é o motivo desta compra e para que vai a ser utilizado este aparato por parte do señor Concelleiro.

·        Na acta da Xunta de Goberno do 11 de Xaneiro de 2012, autorízase ao señor Padín, concelleiro de emprego e a señora Riveiro, concelleira de Facenda a acudir a Feira Internacional de Turismo en Madrid, que se desenrolará entre o 18 e o 22 de Xaneiro deste ano, para elo apróbanse un gasto máximo destos dous concelleiros de 1696,44 euros, con dietas expecificadas para seis días. Dende o GMS de Arteixo, desexamos coñecer, cal foi o motivo de que os dous concelleros acudan a dita feira, porque os dous, e cales son os resultados desta visita, tamén desexamos coñecer o importe xustificado con facturas por estos dous concelleiros nesta visita a FITUR.

·        Nesta mesma acta aparece unha proposta de gasto de 2360 euros para pagar o informe encargado a un bufete de avogados para avalar a proposta de ordenanza de servizos que o grupo de goberno aprobou no pleno pasado. Dende o GMS de Arteixo desexamos coñecer porque se gastaron estos 2360 euros nun informe que podería ter redactado a Xurista de Urbanismo coa que conta este Concello, e porque non lle piden a ésta funcionaria que informe este documento, cando sería o lóxico e normal, aínda que fose ela a que elaborase o documento como dixo o concelleiro de urbanismo, posto que se fose así quen mellor que ela para defendelo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.