29 febrero 2012

Nota polos terceiros actos vandálicos consecutivos na Gardería Municipal


”O señor Calvelo e o señor Novo venden eficiencia na seguridade local, cando a Gardería foi atacada por vándalos, ata en tres ocasións, dende o principio de curso”.

Onte tivemos a noticia de que a Gardería Municipal fora atacada por uns vándalos durante a noite do pasado sábado, causando numerosos danos materiais nas suas instalacións. O curioso é que xa é a terceira vez, dende que deu comezo o curso, que sucede algo parecido sen que os responsables da nosa seguridade consigan acabar cuns ataques que xa levan causado máis de 5000 euros de perdas ás nosas arcas. Tendo en conta que ademais o Concello contribue cunha cuantía importante á seguridade privada que ten contratado o Póligono Industrial e que semella que non sirve de nada.
            Resulta lamentable observar como o concelleiro Novo, vende fume coas suas contínuas comparecencias públicas para falar dunha suposta seguridade local máis propia de Beverly Hills que do noso Concello, que non é nin capaz de salvagardar a integridade das nosas instalacións. Ademais resulta increíble que dende que estos actos vandálicos que sucederon o sábado, ninguén do Concello fixese nada para que estas instalacións fosen levadas á normalidade e que quedaran abertas de par en par ata este luns pola mañá.
            Por outra banda, é inxustificable que durante a fin de semana, a Directora da Gardería non fose avisada do sucedido e que teña que enterarse o luns cando acudía a traballar, sen tempo para avisar os pais que en moitos casos se atoparon sen a cobertura necesaria que lles proporciona esta instalación municipal porque dende o Concello tampouco se fixo nada para avisalos. Polo que o Grupo Municipal Socialista solicitaremos no Pleno de Marzo que lles sexa descontado este día das tasas que pagan por este servizo, sendo o Concello quen se faga cargo delas. Así mesmo acusamos ao Alcalde de mentir nas redes sociais, por medio do periodista pagado por todos e que lle xestiona o seu perfil, cando afirma que os operarios muncipais estaban traballando para arranxar o problema que estaba sendo arranxado polos traballadores da empresa concesionaria da Gardería.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.