16 marzo 2012

Nota do 05/03/2012 pola ampliación de Morás no Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia

“O alcalde semella non ter estudiado este tema e debería de convocar urxentemente á oposición e aos veciños, para falar do Plan Sectorial de Ordenación das áreas empresariais da Xunta de Galicia que afecta ao noso concello e informar das actuacións levadas a cabo polo goberno municipal e pactar con todos os grupos e asociacións, as actuacións conxuntas a realizar para o ben do noso concello e dos nosos veciños”


Dende o Grupo Municipal Socialista recibimos con sorpresa, que o goberno municipal faga declaracións públicas, sobre o Plan sectorial da Xunta de Galicia para areas empresariais, que inclúe inicialmente unha expansión de case que 8 millóns de metros cuadrados do actual polígono de Morás, cando non ten informado sobre o tema, nin aos partidos da oposición, nin a cidadanía, mediante os cauces que utiliza habitualmente, cando a materia intenta que sexa coñecida, como por exemplo, a páxina web do concello, e resulta curioso que o faga neste momento cando xa remata o prazo para a presentación de alegacións a dito plan.

Os socialistas, aínda que coñecemos a materia a tratar, e tomamos e tomaremos iniciativas sobre este plan da Xunta de Galicia do señor Feijoo, atopámonos preocupados polo silencio mantido polo Partido Popular de Arteixo sobre esta desmesurada ampliación, ata o momento que os medios de comunicación informaron sobre él, e dende logo, desexamos coñecer de primeira man as iniciativas que se tomaron e se van a tomar dende a nosa administración con respecto a esta ampliación, xa que a posición do Concello pode ser de vital importancia para un desenrolo sostible do noso territorio e para o futuro dos cidadáns que viven nas parroquias afectadas por dita ampliación e do resto da poboación que tamén estará afectada por dita actuación. Así mesmo desexamos saber si o goberno municipal contou cos veciños afectados por dita ampliación para ter en conta a súa posición sobre o tema e saber se puxo a súa disposición os instrumentos e o persoal municipal para levar a cabo aquelas actuacións que considerasen oportuno tomar.

Non pode pasar un día máis, sen que o goberno do señor Calvelo convoque á oposición e a tódolos afectados por dita actuación, para informarnos das medidas que levan tomado dende o concello e aquelas que poidamos todavía tomar para salvagardar os nosos intereses como Concello. Pero dende logo, xa podemos anunciar, que o Partido Socialista en Arteixo, presentou hoxe, alegacións a dito plan e manterá reunións cos afectados, para coñecer as súas inquietudes, nese senso xa está traballando en contacto co deputado socialista no Parlamento de Galicia, Luis Toxo,  para levar a cabo as iniciativas parlamentarias sobre o tema, que traten de defender os intereses dos veciños e do Concello de Arteixo.

Así mesmo, despois de ler, as declaracións do goberno municipal nos medios de comunicación, dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo cremos que os seus membros, non se deberon ler o documento, ante afirmacións como “que traballarán para que a Xunta de Galicia, suprima a chamada fase A da ampliación para o Polígono de Morás”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.