19 octubre 2012

O GOBERNO DO SR.CALVELO PECHA UNHA VÌA PÙBLICA PARA ORGANIZAR O SEU MITIN DE CAMPAÑA MENTRAS OS NENOS AFECTADOS POLOS RECORTES DO BUS ESCOLAR EN ARTEIXO,SEGUEN SEN TER SOLUCIÓNS DO SEU GOBERNO LOCAL E AUTONÒMICO.


O PSOE de Arteixo quedou abraiado ao ver que o goberno local do PP en
Arteixo, pechaba unha rúa do noso concello durante todo o día para a
celebración do seu mitín electoral que se celebraría na tarde noite de
onte, coa presenza de representantes da Xunta de Galicia neste acto.
Actuación que deixou sen paso a múltiples usuarios do Centro Cívico de
Arteixo que non poideron acceder co seu vehículo. Dende fontes
municipais dixeron que se trataba dun tema de seguridade e resulta que
nunca en Arteixo se levara a cabo un movemento de este tipo aínda que
asisitirán Ministros como José Blanco a mítines celebrados neste
recinto.

Mentres esto pasaba, un día máis os pais afectados polos recortes no
transporte escolar que deixou a máis de 35 nenos sen bus dende as
paradas do Igrexario do Alto de Arteixo e Ponte do Ba, seguen
esperando a que a Consellería de Educación lles busque unha solución a
dito problema que non van a atopar porque a Xunta de Galicia está a
levar unha política de recorte drástico dos dereitos adquiridos polas
familias dos nosos concellos e o alcalde Calvelo, en vez de buscar
solucións pola vía de esixir da Xunta de Galicia que recupere ditos
transporte ou por actuacións propias que palien a falla de inversión
pública nos servizos educativos da Xunta de Galicia, mira para outro
lado como se a cousa non fose con el ou como se non fose o propio
Partido Popular, cos mesmos dirixentes que participaron onte no seu
mitín, os culpables de ditos recortes.

Dende o noso grupo consideramos que o noso concello non merece un
alcalde que única e exclusivamente está mirando polo ben dos seus para
facer política, con contratacións familiares e utlización dos medios
públicos para actividades privadas e se olvida do resto dos cidadáns
e do ben común que foi para o que o elexiron.

Asdo:

Martín Seco García
Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.