15 octubre 2012

TEMOS FUNDADAS SOSPEITAS DE QUE O SEÑOR CALVELO ESTÁ DETRÁS DOS DESPIDOS DA EMPRESA XENTES, PARA FACERLLE PAGAR COS SEUS EMPREGOS ÁS REIVINDICACIÓNS DALGUNHAS TRABALLADORAS, PARA QUE LOGO EULEN CONTRATATE NO SEU SITIO A PERSOAS CERCANAS AO PARTIDO POPULAR




Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo, temos fundadas sospeitas de que os cinco despidos de traballadoras no servizo de Axuda no Fogar do Concello de Arteixo que está a realizar a empresa XENTES, están sendo dirixidas polo Alcalde do noso concello, o señor Carlos Calvelo, para desfacerse daquelas traballadoras que se movilizaron en contra dos impagos e incumplimentos da empresa adxudicataria do servizo.

            Se non como se poderían entender as formas do señor Alcalde, acusando a ditas traballadoras de estar politizando unha situación de conflicto social, na que levan sufrindo máis de dous meses de impago das súas nóminas e como é posible que non se tivera reunido cos seus representantes sindicais en todo este tempo de conflicto, única reivindicación deste colectivo para desconvocar os paróns dos últimos tempos. Como se pode entender, que unha empresa que acepta a rescisión pactada do contrato para o día 15 de Outubro, esté a semana antes de deixalo, botando a traballadoras pola vía do despido improcedente, cos posteriores problemas legais que esto lles pode causar.

            O único razonable, son os motivos políticos do señor alcalde, e os seus comportamentos máis propios da Italia de Mussolini que dunha administración democrática. Dende o noso punto de vista sospeitamos que Carlos Calvelo, por via da empresa XENTES, busca con este movemento, castigar a aquelas traballadoras que máis reivindicativas se mostraron coa sua situación, para posteriormente darlle a xestión do servizo a empresa EULEN, sen que os grupos da oposición saibamos baixo que motivacións se lle encarga a esta empresa este cometido e se consultaron con algunha empresa máis esta posibilidade, información que levamos pedindo por activa e por pasiva nos últimos tempos coa solicitud da celebración dunha Xunta de Voceiros. O que sabemos no PSOE, é que EULEN vense situando nos últimos tempos moi próxima ao Partido Popular e en especial a o PP da Coruña e non nos extrañaría que nos postos das traballadoras despedidas, aparecesen enchufadas persoas cercanas ao seu partido político.

            Dende o Partido Socialista, queremos facer un chamamento ao señor Alcalde, para que se é certo o dito no seu perfil nas redes sociais, onde pon que non ten nada que ver nestos despidos, se comprometa a mediar, para que a partir de este luns a empresa que xestione temporalmente este servizo, subrogue tamén ás traballadoras despedidas, para continuar cun traballo que facían correctamente ata a chegada da empresa “Galicia Saudade” e as súas irresponsables formas de traballar. Se non o fai, o Partido Socialista como lle dixo nos plenos do concello, tomaremos medidas para que os nosos veciños saiban dos modos de actuar do seu alcalde e a que tipo de personaxe antidemocrático teñen como dirixente.

           Non é comprensible que nun pobo con máis de 3500 parados e sen ningún plan especial da Xunta de Galicia para parar esta sangría, as solucións do grupo do señor Calvelo, sexan que unha empresa que xestiona un servizo municipal, bote á rúa a aqueles que non obedecen servilmente aos nosos dirixentes, para darlle posteriormente a xestión a unha empresa cercana ao seu partido, que contrate aos seus amigos, como se o concello se tratase dunha finca privada do Partido Popular.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.