04 octubre 2012

O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA DEIXOU TIRADOS NO COLEXIO AOS NENOS DA PARADA DO IGLESARIO NO ALTO DE ARTEIXO, SEN AVISAR DESTA SITUACIÓN AOS SEUS TITORES



O pasado pleno do mes de Setembro, o Grupo Municipal Socialista fixo unha denuncia ao señor Alcalde da situación que tiveron que vivir os nenos usuarios do bus escolar que ven dende Larín ata o CEIP Ponte dos Brozos, situación debida aos múltiples recortes da Xunta de Galicia en materia de Educación, que fixo que os nenos tiveran que baixar sentados nos pasillos do bus, por ter asignado un microbus para este traxecto e non ser suficiente para o número de usuarios que o utilizan, dende o noso grupo calificamos esta situación acontecida o mes pasado de falla de respeto aos nosos veciños, ante unha situación de evidente inseguridade para os nosos menores que poideron sufrir un accidente debido a esta situación.

Onte tivemos que soportar outra situación que debería de facer reflexionar aos nosos dirixentes do PP na Consellería de Educación e debería de facer que o noso alcalde tomase medidas para denunciar os feitos que están a suceder debidos aos recortes que afectan aos nosos servizos como é o transporte escolar. Os nenos que foron recollidos polo transporte escolar na parada do Igrexario no Alto de Arteixo e que posteriormente foron deixados no CEIP Arteixo, foron abandonados no Colexio a hora de voltar para a parada deste punto do noso concello, poñendo de disculpa que esta parada fora eliminada do roteiro que efectua ese bus escolar, e deixando aos nenos tirados nas instalacións do Colexio e sen que ninguén lle comunicara aos pais esta nova situación.

Dende o noso partido estamos indignados pola mala educación existente nos dirixentes da Consellería de Educación que permitiron que os menores se quedaran tirados no Colexio sen que ninguén de explicacións sobre o ocurrido e esperamos que o alcalde faga valer os dereitos dos nosos cidadáns e que denuncie ante a Consellería a campaña de recortes que a Xunta de Galicia está facendo no noso Concello e que medie para darlle solución a estes menores que quedan nunha situación vergoñenta para a nosa sociedade sen poder utilizar o transporte escolar nun punto onde sempre existiu unha parada.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.