02 octubre 2012

O PSdeG-PSOE de Arteixo mantivemos unha reunión coa AAVV San Xosé Obreiro de Meicende


Martín Seco (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “A nosa organización comezou coa asociación San Xosé Obreiro de Meicende unha serie de reunións coas asociacións do noso concello para coñecer as súas necesidades e aportar as nosas opinións sobre a situación política de Arteixo”


            A nova executiva da agrupación local de Arteixo do PSdeG-PSOE comezou onte unha serie de reunións coas diferentes asociacións do noso concello para coñecer de primeira man os problemas que afectan a ditos colectivos para intentarlles buscar solución ademais de expoñerlles as nosas posicións políticas no Concello e  cales son as iniciativas que estamos a levar a cabo nesta institución.

 

            A primeira reunión celebrouse coa Asociación de Veciños “San Xosé Obreiro de Meicende”, a reunión discorreu nun ton de cordialidade e de entendemento entre as dúas partes, o noso Sº Xeral pediu desculpas á directiva desta asociación por aquelas declaracións e actuacións que os anteriores dirixentes do noso partido tomaron contra ditos veciños e que segundo as súas impresións, excederon en moito, o nivel de comunicación e de cordialidade que tiña que presidir as relacións entre o noso partido e dita asociación e comprometeuse a ter unha relación fluída e afable con dito colectivo.

 

            Os membros da directiva da AA.VV. presentaron un documento coas reivindicacións desta parroquia do noso Concello e explicaron o contida neste documento. Situacións como a existencia dun gran número de parados, o desenrolo do Plan Xeral, os problemas co tráfico sobre todo o pesado procedente da Refinería e de Butano, a falla de instalacións públicas, os problemas de inseguridade cidadá ou a problemática coa imposibilidade de coller o bus público que pasa por dita parroquia sen efectuar parada, foron amplamente debatidos polos membros da asociación e da executiva do noso partido, que prometeu volver o antes posible a ter outra reunión para continuar con esta relación e que avalará estas iniciativas ante o goberno do noso Concello.

 

            Dende o noso grupo explicóuselles as posicións políticas do noso grupo e as nosas iniciativas, explicándolles como o goberno municipal está a liquidar o remanente de máis de 19 millóns de euros nun só ano de lexislatura e que ademais o está facendo dun xeito precipitado e malgastando en obras innecesarias, en outras cun presuposto que podería ser máis axustado aos tempos actuais, en proxectos externos que se poderían facer dende o concello, en pagos extraordinarios a certos traballadores para conseguir un nivel de traballo que debería de ser cuberto co seu soldo, ou cun elevado gasto en salarios para os políticos do PP. Nesa liña se lles puxo como exemplo o anunciado onte polo goberno municipal, que vai a facer unha inversión de máis de 1,3 millóns de euros nunha infraestructura para utilizala de centro de formación, cando se podería ter utilizado o xa construído previamente, abaratando o custe desta, ademais se fai sen ter un proxecto serio que avale tal construcción.

 

            Por outra banda o noso Sº Xeral, expúxolles a nula iniciativa do goberno de Feijoo en Arteixo durante estes catro anos, poñendo como exemplo a falla de compromiso con Centro de Saúde de Meicende que segue sen abrir polas tardes e está completamente saturado de traballo, a nula de inversión desta administración nos centros educativos do concello como o CEIP de Meicende, a inexistente inversión do goberno de Feijoo coas vías desta parroquia que están baixo a súa titularidade e a falla de políticas de formación e de axuda aos desempregados que sacude especialmente a un barrio obreiro como é Meicende, ademais explicou como se está a gastar o remanente deste concello con inversións en ditas materias que deberían de estar cubertas pola Xunta de Galicia e que por culpa desta falla de inversión, o concello non pode dedicar os cartos en outras actuacións moi necesarias para os nosos veciños.         

 

Asdo:Martín Seco García
                    Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo

 

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.