20 noviembre 2012

“Arteixo agoniza cunha tasa de paro desmedida e cun ineficiente sistema de protección social mentres o alcalde kamikaze dilapida o presuposto e o remanente con gastos inxustificables como a contratación dun bufete de abogados para a defensa da denuncia das traballadoras do SAF de Arteixo”



O goberno do señor Calvelo dilapida os fondos municipais en proxectos e contratos con empresas externas ao concello, para traballos que poderían ser efectuados polos propios traballadores do noso concello que nalgúns casos reciben uns inexplicables e elevados sobresoldos en produtividade, mentres, os veciños de Arteixo seguen a sufrir a taxa de desemprego máis elevada da comarca sen que a Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo atopen unha solución, que dixeron na campaña das municipais de 2011 que tiñan , e continúan cun sistema de protección social que lonxe de mellorar a súa cobertura, está vindo a menos dende a súa chegada á xestión municipal, todo elo, a pesares do aumento presupostario deste ano 2012 e de ter dilapidado practicamente o remanente deixado polo anterior goberno municipal en case 20 millóns de euros.

Estamos profundamente preocupados pola capacidade derrochadora do alcalde Calvelo e o seu goberno do PP. Nos tempos que corren e coas necesidades que están a pasar moitos dos cidadáns do noso concello debido a unha crise que azouta especialmente a concellos como o noso, o continuo gasto en certas obras innecesarias na actualidade, en alugueres cun prezo completamente desmedido como o que ten o novo centro social de Loureda, en pagos extraordinarios a algúns traballadores do noso concello como é a policía local e outros traballadores do Concello e a externalización de proxectos e estudios a empresas privadas, están dilapidando o presuposto e remanente do noso Concello que non destina o suficiente para levar a cabo a política de protección social e de loita contra o desemprego que necesitan os nosos veciños.

O último caso aberrante deste alcalde kamikaze é a contratación dun bufete de avogados externo para representar ao noso concello ante a denuncia das traballadoras do servizo de Axuda no Fogar polas cantidades que se lles debe dende a xestión da empresa XENTES e os despidos efectuados por esta que foron teledirixidos polo goberno do noso concello. Como pode ser que tendo na plantilla de traballadores do Concello unha xurista que debe representar os nosos intereses como administración e nun tema de lexislación laboral que debería de coñecer perfectamente a nosa letrada, se teña que contratar unha empresa externa para representar os nosos intereses. ¿Para que necesita o Concello de Arteixo unha letrada se non é para representar á nosa administración en temas administrativos e laborais coma este?, ¿Cales son as cuestións que lle encarga o noso concello a dita letrada como traballadora do noso concello para que non poida levar a defensa dos nosos intereses nun caso coma este?, ¿Non confía o goberno local na defensa que a nosa traballadora poida facer ante esta denuncia?, ¿canto gasto suporá esta contratación dun bufete externo para levar esta cuestión?, e o que é peor, nun tema facilmente solucionable, que nunca debeu desembocar en denuncias nin despidos, que debido a mala cabeza do noso alcalde que é incapaz de dar o brazo a torcer para que ditas traballadoras sexan subrogadas coa empresa actual e que se proceda a buscar a fórmula para pagarlles o que se lles debe, prefire continuar adiante cuns despidos teledirixidos dende o Concello que poderían ser ilegais e polo tanto nulos, sabendo que ao final, dos seus erros quen paga, son os veciños cos seus impostos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.