28 mayo 2013

Calvelo agochaba a realidade dunha baixa capacidade de xestión, executando só un 35,6% das inversións reais, cando o mes pasado o Grupo Socialista lle preguntou pola porcentaxe de execución das inversións reais presupostadas para 2012




No pleno de Abril, o Grupo Municipal Socialista preguntoulle ao señor Alcalde pola porcentaxe executada dos presupostos de 2012 no seu capítulo de inversións, xa que nos temíamos que aínda que se elevou o presuposto ata case que 43 millóns de euros, a realidade era que a capacidade do goberno para executar eses presupostos estaba moi limitada, ante esta pregunta o alcalde respostou que o goberno local executara máis dun 80% do presuposto e evitou como fixo outra vez no día de onte contestar a nosa pregunta.

Unha vez recibida a conta xeral de 2012, voltamos a ver como o Grupo Municipal Socialista tiña razón e como o grupo de goberno que pasou todo o exercicio pasado de modificación en modificación do presuposto para só executar un 35,6% do capítulo de inversións presupostadas, é dicir só 5.326.658 euros dos 14.955.863 presupostados. Un índice moi pequeno para un goberno en maioría absoluta que luce a súa extraordinaria capacidade de xestión que resulta ficticia vendo os números aos que anteriormente me refería.
De tódolos xeitos dende o noso grupo facemos novamente un chamamento a cordura do goberno local para avanzar na execución duns presupostos máis sociais e dedicados a avanzar na loita contra o desemprego e a exclusión social que empeza a ser moi preocupante nun concello como Arteixo, co índice de desemprego máis elevado da comarca e un incremento da exclusión social e dos casos de delincuencia preocupante.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.