30 mayo 2013

Aplaudimos que o goberno local tome algunha das nosas iniciativas contra a exclusión social que presentamos no pleno de presupostos aínda que sexa dun xeito insuficiente e esperamos que continúe nesa laboura



O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo presentou antes do pleno de presupostos de 2013, unha batería de medidas a tomar contra a crise e a exclusión social que considerábamos prioritarias para o noso concello.

No pleno deste xoves, o grupo de goberno do Partido Popular vai a levar a aprobación algunha das medidas que o noso grupo presentara e que son de vital importancia para aquelas familias que o están a pasar peor coa crise. Estas axudas son benvidas polo noso grupo, aínda que consideramos que son mellorables na súa cuantía, de tódolos xeitos esperamos que o Partido Popular non se quede aí e siga levando a cabo aquelas medidas que traten de facerlle máis fácil esta crise a aquelas familias que están pagando un alto prezo por unha situación da que non son culpables.

Medidas como a bonificación en impostos municipais como o IBI ou de IVTM, revisión das tasas municipais, unha auténtica bolsa de emprego local, un viveiro de empresas, cheques comedor, creación dunha reserva de alimentos para os máis necesitados, máis un paquete de medidas para que tódolos veciños teñan unha vivenda digna, serían medidas a tomar por un goberno que se preocupe polos nosos cidadáns e os seus problemas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.