14 junio 2013

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo ante o malestar veciñal, derivado da instalación de certas terrazas de hostelería que actúan como auténticas barreiras arquitectónicas, solicitará no próximo pleno ordinario a urxente creación dunha ordenanza por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa


O Grupo Municipal Socialista de Arteixo está fondamente preocupado pola deriva que está tomando a instalación de certas terrazas de algúns locais de hostelería que están a funcionar como auténticas barreiras arquitectónicas para os cidadáns do noso concello. Non entendemos como o goberno local está a permitir o uso de solo público para locais que xa teñen unha terraza autorizada e que invaden as beirarrúas por onde teñen que circular os veciños con máis problemas de mobilidade.

Entendemos que se debe facilitar a instalación de terrazas nos locais que coa normativa anti-tabaco teñen que darlle un servizo aos seus clientes, pero este non debe ser nunca por riba dos intereses dos veciños e moito menos cos que teñen problemas de mobilidade.

O noso grupo presentará unha iniciativa no próximo pleno do concello para que se redacte unha nova ordenanza por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos que corrixa tódolos defectos que se están a atopar nestas instalacións e lle de cobertura legal a quen o fai con sentido común.

O que debe de contestar o señor alcalde é cales son os intereses que ten o seu goberno con certos empresarios de hostelería, para permitirlle que se proceda deste xeito sen ter en conta as múltiples queixas dos veciños ante unha instalación de legalidade incerta. O que si sabemos é que se antepón os intereses destes hosteleiros aos da nosa poboación e que por riba se lles está facilitando camareiros en prácticas dos cursos de formación ocupacional do concello para que traballen gratuitamente para algúns destes empresarios e o que é peor algúns que o fan no horario formativo



No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.