Dende
o Grupo Municipal Socialista queremos denunciar a situación na que se atopa un solar que se atopa nas inmediacións da Praza das Viñas, na rúa Arquitecto Pedro
de Monteagudo, cunha obra na que se realizou a escavación para deixala sen
rematar e polo tanto facendo que se converta nunha piscina de auga sucia e
insalubre na que proliferan alimañas e insectos moi molestos para os veciños
das edificacións colindantes.
Esperamos
que dende o Concello se proceda a dragar e sanear dito solar para despois
repercutirllo ao propietario e que busque solucións para que este foco de
porquería deixe de atoparse nesta situación por moito tempo.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.