03 julio 2013

“OS CIDADÁNS DE ARTEIXO ESTÁN A PAGAR A INEPTITUDE DO SEÑOR CALVELO CON RESPECTO AO SERVIZO DE XESTIÓN DA AUGA”


                Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados pola situación que se está a vivir no noso concello coa auga e a súa xestión. Os nosos dirixentes se enzarzan en batallas persoais inexplicables contra algúns traballadores de AUGARSA, mentres moitas parroquias do noso concello seguen con problemas na presión da auga, cando recibimos a auga enlodada cada tres días e vemos como se repite a situación do ano pasado cando chega o bo tempo, volta a baleirarse o depósito de Pastoriza sen que ninguén tome medidas no consumo excesivo de auga nin na captación de auga para a limpeza que xa pedimos en dous plenos que fora recollida de Sabón.

            Os cidadáns esperan do seu goberno que tome as medidas necesarias para solucionar problemas e non para crear máis que os existentes, polo que non entendemos esa guerra fraticida por parte do concello contra o xerente de AUGARSA nos  medios de comunicación, un traballador contratado baixo o goberno do PP e que leva exercendo moitos anos esa función con educación e cun trato correcto cos sucesivos gobernos,  este traballador é veciño do noso concello e semella que segundo Calvelo é o culpable de tódolos males do noso sistema de xestión da auga municipal e que como xa dixemos en outras ocasións naceu ferido de norte por unha pésima adxudicación por parte dos señores do PP que agora se levan as mans a cabeza. O que faría un goberno que non fora un irresponsable como o actual é tomar as medidas disciplinarias que fosen oportunas contra aqueles traballadores que non exercesen as funcións que lle son asignadas e deixarse de facer publicamente un escarnio contra unha persoa determinada polo que pedimos un pouco de mesura e sentido común nas manifestacións públicas que saen dos nosos dirixentes.


            Por outro lado dende este grupo voltaremos a preguntar, porque se baleirou outra vez o depósito de Pastoriza, por que non se están a tomar medidas de aforro no consumo de auga, por que non se utiliza outro tipo de auga como a do embalse de Sabón para a limpeza, cantos cartos lle custará novamente aos noso cidadáns a ineptitude dos nosos dirixentes na xestión da auga do depósito de Pastoriza e cando van a solucionar os problemas que existen coa traída da auga nun servizo que está intervido polo noso concello.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.