26 julio 2013

Todos os grupos políticos de Arteixo trasladan o seu pésame as vítimas do accidente de Santiago


Representantes de todos os grupos políticos de Arteixo "PP, Terra Galega, BNG e PSOE" concentráronse onte diante do concello en sinal de loito e como mostra de apoio as vítimas do accidente de tren de Santiago. 

Os actos festivos previstos en Arteixo para o día 25, con motivo das festas patronais suspendéronse. 

O concello tamén apoiará o chamamento que a Federación Galega de Municipios e Provincias fixo os concellos de toda Galicia, e convoca as doce do mediodía do día 26 unha concentración silenciosa de cinco minutos diante da casa consistorial.


Os representantes políticos da corporación municipal acordaron suscribir unha declaración conxunta: 

“O concello de Arteixo quere trasladar o máis sentido pésame os familiares dos falecidos no accidente ferroviario sucedido onte en Santiago, e expresar a súa solidariedade cos feridos no tráxico suceso e con todos os seus achegados”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.