29 julio 2013

Nota e moción sobre Desafiuzamentos para o pleno do Xoves 1 de Agosto de 2013



Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Partido Popular de Arteixo debe abandoar ese espectáculo inmoral de abundancia que amosan e comezar a actuar contra a grave situación social na que se  atopan moitos cidadáns do noso concello

No mes de Novembro de 2012, o Grupo Municipal Socialista presentaba unha moción para que o concello de Arteixo tomase algunhas medidas urxentes para loitar contra a lacra dos desafiuzamentos que estaba a sacudir aos nosos cidadáns, o noso grupo ofreceu retirar os acordos supralocais desta moción para intentar chegar a acordos no eido local co grupo de goberno, e ao final acabamos retirando a moción a cambio de levar a cabo unha Xunta de Voceiros onde se negociaran as medidas a tomar dende o noso concello neste ámbito, pero dita Xunta de Voceiros non foi convocada polo señor Calvelo, mentindolles unha vez máis á oposición e a opinión pública para evitar abordar un tema de tanta importancia como é este.

O noso grupo voltou a presentar a memsa moción no mes de Decembro, consensuada co BNG, sen atopar ningún tipo de disposición por parte do Partido Popular de Arteixo a buscar ningún tipo de actuación que palien este grave problema dos nosos cidadáns.

No mes de Xaneiro, a Agrupación Socialista de Arteixo presentou unha batería de medidas para loitar contra a crise e a exclusión social, entre as que se voltaban a incluir medidas contra os desafiuzamentos que xa presentaramos nos meses anteriores eincluindo alguna outra, sen atopar ningún tipo de contestación por parte do gobernó que escoitou algún outro tipo de medida pero ningunha relacionada con este tema.

Nestes últimos tempos o BNG voltou a presentar por terceira vez, a moción que presentaramos conxuntamente en Decembro de 2012, sen atopar no PP a decisión para levar a cabo ninguna actuación contra o problema dos desafiuzamentos e deixando todo en mans dunha solicitude ao Consorcio das Mariñas, como se os concellos que goberna o Partido Socialista como Culleredo ou Betanzos non tiveran tomado xa medidas neste senso.

            Nestas datas, tivemos que lamentar como o drama dos desafiuzamentos leva consigo un drama todavía maior que é a integridade física dos nosos veciños e dende o noso grupo seguimos esperando a que o señor Calvelo e os seus compañeiros tomen algún tipo de medida para intentar axudar as familias que están a sufrir os efectos dunha crise que non buscaron e da que non teñen culpa alguna mentres tiran moreas de cartos en gastos innecesarios.

Martín Seco: “Xa está ben que o goberno do señor Calvelo deixe aos nosos veciños desprotexidos cuns servizos sociais desbordados pola situación actual e cunha política de emprego completamente deficiente, mentres malgastan miles e miles de euros en festas, proxectos innecesarios e en cambiar beirarrúas que se atopaban todavía novas”


            Dende o noso grupo voltaremos a presentar a mesma moción outra vez a ver se o PP é capaz de seguir sen tomar ningunha medida neste senso despois do acontecido nestas datas.



MOCIÓN SOBRE OS DESAFIUZAMENTOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Coa crise e o aumento alarmante do desemprego, centos de miles de familias están a chegar a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas. O Concello de Arteixo non é alleo a este fenómeno, xa que continúan a producirse cada día máis casos de familias completas con todos os seus membros no paro, familias que ven como un dos seus maiores logros, a súa vivenda, pode estar en perigo por unha execución hipotecaria que pode provocar a perda do inmoble. E aínda por riba de perder a vivenda, estarán expostos a unha condena financeira de por vida. Tamén aqules que non poden asumir o custe do alquiler dunha vivenda que necesitan para desenrolar o seu proxecto de vida.

A perda da vivenda tamén leva consigo a perda doutros dereitos e impide ás persoas afectadas realizarse no ámbito familiar, e profesional, e condena en moitos casos á marxinación e exclusión social.

En definitiva, a situación de desamparo na que se atopan algunhas das nosas familias, asfixiadas por unha situación laboral cada vez máis insostible e unha hipoteca froito da avidez de especuladores e entidades financeiras, é moi preocupante.

Polo tanto, faise necesario intervir con urxencia ante esta dramática situación, que levou a horrorosos desenlaces coa perda de vidas, e que coa duración prolongada desta crise inhumana, estase a agravar día a día.

Ao igual que antes noutros Concellos como o de Culleredo ou Betanzos gobernados polo PSdeG-PSOE, e mentres non se cambie desde os órganos competentes estatais a lexislación sobre desafiuzamentos (recentemente sinalada incluso por instancias europeas como non garantinte dunha necesaria protección eficaz dos consumidores fronte a posibles cláusulas abusivas das hipotecas), desde o Concello de Arteixo queremos aportar as medidas necesarias no ámbito municipal para evitar que se produzan mais desafiuzamentos.

Diante desta situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,

ACORDOS:

a. Crear unha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos, composta por técnicos municipais, voceiros municipais e plataformas contra os desafiuzamentos, que estude a posibilidade de facilitar nestes casos, axudas ao aluguer, axudas para evitar o corte de subministros básicos como auga, gas ou luz e axudas á alimentación.

b. Revisar os protocolos de actuación de Servizos Sociais nos casos de desafiuzamento, e colaboración á hora de pedir aos xuíces a suspensión do desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se refira á vivenda única e habitual.

c. Estudar a posibilidade de que o Concello adquirira Viviendas de Protección Oficial de carácter municipal nas que o propietario non poida facer frente a súa hipoteca para posteriormente realquilársela con opción a recompra futura, cláusula que debera figurar en todos los alquileres sociales.

d. Non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de desafiuzamento.

e. Interpelar ás entidades financeiras que operan no municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de débedas ilexítimas froito do actual proceso de execución hipotecaria, coa indicación de que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos municipais de ditas entidades.

f. Crear a Oficina de Intermediación Hipotecaria Municipal para poder axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, coa colaboración dos servizos xurídicos do Concello.

g. Promover a educación financiera dende a idade escolar, complementado con accions formativas e divulgativas para adultos. Realizando tamén campañas publicitarias periódicas que preveñan o endebedamento excesivo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.