26 agosto 2013

O PP de Calvelo traspasa 230.000 euros do Plan de Emprego Municipal á remodelación da Praza do Balneario, nunha obra que anunciaran que financiaría nunha parte a Xunta de Galicia



O Grupo Municipal Socialista denuncia o modificado de crédito que o Partido Popular trouxo esta mañá á Comisión de Asuntos do Pleno, onde se traspasaban 230.000 euros do Plan de Emprego Municipal á remodelación da Praza do Balneario e a peonalización da rúa das Frores.

Nos tempos que vivimos o grupo do señor Calvelo destina os fondos en materia de emprego a facer obras que son de dubidosa necesidade para os nosos veciños, mentres elimina os fondos en materia de emprego, ademais dita obra anunciouse nos medios de comunicación no mes de Xuño que se levaría a cabo cunha subvención  da Xunta de Galicia que agora desaparece por arte de maxia e que simplemente foi un anuncio de cara a galería da Delegada da Xunta de Galicia na Coruña.


Por outra banda o Grupo Socialista solicitou ao concello que consultara cos empregados do Concello en que datas levar a cabo os festivos do ano 2014.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.